Mércores. 16.10.2019
El tiempo

Da horta ao Forum

Degustacion de produtos de horta Degustación de produtos de horta Cando os productos cos que se elaboran os pratos son de primeira calidade, nótase o resultado”. Así corroboraban os asistentes á primeira degustación de productos da horta organizada o mércores no Forum de Carballo pola asociación de profesionais da “Huerta del Noroeste”. Os recoñecidos chefs Adrián Felípez e Juan Mato, empregaron para elaborar os seus pratos productos locais de tempada. Os asistentes degustaron, entre outros, tomate con queixo e licor de leituga, bomba de pataca fina con cabaza asada e salsa de pementos picantes, espuma de allo porro con aceite de perixel e o pastel de cabaza cacahuete. Un dos obxetivos desta inciativa é que as hortalizas e verduras dos agricultores da bisbarra ocupen un lugar destacado nas cartas dos restaurantes de deixen de ser unicamente un acompañamento no prato. Na degustación, impulsada polo GDR Bergantiños, participaron o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, os concelleiros Luis Lamas e Xosé Regueira, ademais doutros alcaldes da comarca, produtores e hostaleiros.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios