Xoves. 24.09.2020
El tiempo

O debate sobre o Eucalipto promovido por ADECOM poderá seguirse na rede

O debate sobre o Eucalipto promovido por ADECOM poderá seguirse na rede

Semanas de reflexión na comarca. Despois do foro “Mirando pola Terra”, este sábado 8 de agosto terá lugar a mesa de debate "Eucalipto: presente e futuro?”. Coordinada pola Asociación en Defensa da Costa da Morte (ADECOM), a entidade que aspira a converterse na primeira gran entidade da sociedade civil da nosa comarca, pretende servir de punto de encontro para ver outras posibles vías para a nosa masa forestal.

O foro cambia finalmente de ubicación. Será as 20:00h na Finca Cambeiro, sita a carón da Casa da Cultura de Corcubión. Un lugar especial, onde a Asociación Boca de Sapo leva realizando un proceso de deseucaliptización e plantación de árbores autóctonas que sirve de perfecto exemplo.

Para os que non poidan acodir, vaise transmitir a través da plataforma de videoconferencias Jitsi, para o que só haberá que entrar á hora prevista na ligazón https://meet.jit.si/forocostadamorte.

Novas relacionadas

comentarios