Martes. 23.04.2024
El tiempo

Denuncian que o alcalde de Coristanco impide a participación dos veciños no pleno

Denuncian que o alcalde de Coristanco impide a participación dos veciños no pleno
Imaxe do pleno de onte en Coristanco Imaxe do pleno de onte en Coristanco

Parece axitada a vida política municipal en Coristanco. Coa sombra dunha hipotética moción de censura, o ambiente nos plenos é cada vez máis quente. O de onte, xoves 1 de decembro, mesmo non houbo nin pé a que os veciños puidesen facer aportacións. Mentres vemos que Concellos como os de Muros ou Santa Comba mesmo publican os plenos en directo a través do youtube, outros concellos parece que censuran a participación cidadá.

Así nolo contan membros de En Marea Coristanco presentes nun pleno no que ante a falta, por estar de baixa, da concelleira do BNG, o edil socialista Abraham Gerpe (que pasou de apoiar a investidura do alcalde Amancio Lavandeira de TEGA a apoiar unha moción do PP no pleno anterior) ocupou o seu posto… ao carón dos edís populares. De feito, foi o primeiro pleno no que Gerpe fixo varias preguntas ao alcalde. O pleno tratou varias mocións e asuntos como o plan de bacheado, os pagos a proveedores, ou os arranxos aos desperfectos causados pola autovía…

En todo caso, o verdadeiramente grave, tendo en conta que a participación cidadá foi unha das primeiras mocións aprobadas nesta lexislatura no concello coristanqués, acontecía no treito final. O alcalde levantou a sesión cando os veciños asistentes querían facer as súas preguntas.

”Onde quedou a súa proposta da campaña electoral de fomentar a Parcipación Cidadá? Onde quedou o compromiso adquirido de apostar por un concello aberto e transparente?”, pregúntanse os membros de En Marea denunciando “estas actitudes caciquís e antidemocráticas levadas a cabo polo Alcalde propias do goberno que liderou o Pensado durante 24 anos”. “Distinto alcalde pero mesmas políticas”, conclúen os membros do novo grupo formado na vila bernagtiñá.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios