Mércores. 20.10.2021
El tiempo
que pasa na costa

Desintoxicación

Desintoxicación
Non son nutrionista, nin técnico superior en dietética e tampouco quero ocupar o seu lugar. Polo tanto, todo o que escriba, ven dos meus pequenos coñecementos de nutrición, da miña autoaprendizaxe e do sentido común. Dito isto, e despois de empezar falando de sobredose, continuamos: Nos meus escasos 20 anos de existencia podo ver cambios nutricionais. A alimentación de meus irmáns non foi igual á miña, é só nos separan 10 anos. E se comparamos a antiga dieta de miña nai ou avoa coa de meus irmáns, parece que falamos ata de especies diferentes. Non podemos negar que a industria alimentaria segue medrando, e que os produtos que podemos mercar hoxe, fai uns anos non existían. Do mesmo xeito, aqueles viaxeiros do mundo saberán que en determinados países a coca-cola ten diferentes sabores (cereixa, vainilla, coca- cola life...), ou os kitkats ( branco, fresa...) e incluso a recoñecida marca milka saca a cada pouco un novo produto onde só antes había tabletas de chocolate. As grandes empresas de comida rápida medran cada vez máis (e se medran é porque teñen consumidores) e xa, como a criticada América, temos MacAutos. Pode que moitos vexan nestas cousas o progreso, pero eu vexo a involución. Cada vez o consumo de comida procesada é maior, e sen ir aos doces ou a comida rápida... Cantos alimentos embalados consumimos? Cantos sabores de patatas fritas temos? ¿Canto embutido comemos a semana? Con que frecuencia compro salchichas ou unha pizza precociñada? E non vou contra os carnívoros... Cantas veces tes comprado una ensalada empaquetada? Froita enlatada (e chea de azucre)? Pan de molde no canto dun de panadería? As patatas xa frixidas do Mercadona para facer tortilla? Potitos no canto de facer un puré caseiro? A aberración do Mercadona de “fruta de bolsillo” para os nenos? Pasta no lugar de arroz? Fariñas brancas en lugar de integrais? Cantas veces ao día consumes produtos con trigo refinado? Recordas a frase “Vivimos nun mundo tan artificial que o natural nos parece estraño”? Pois o Mercadona estache vendendo froita para levar nunha bolsiña e estala comprando, de verdade cres que unha maza non pode ser “para levar”? Por que ves normal o consumo de alimentos procesados con etiquetas e ingredientes que nin coñeces? Isto non é un ataque, é para que te pares a pensar que non precisas coca-cola na casa para consumo diario. Que non penses que un flan ou dalky é o mesmo que un iogur. Que as madalenas para o almorzo non é almorzar ben. Que a nutrición na nutrición non só contan as calorías, senón os nutrintes. Que consumimos demasiados produtos procesados, onde o noso amigo lobby engade o azucre, sal e graxa necesarios para que che gusten e os volvas comprar. Que existen edulcorantes alternativos ao azucre e que o gusto polo mesmo é adaptativo á cantidade consumida. As verduras, as legumes, a froita fresca e de tempada, os froitos secos, o peixe, a carne...todos os produtos frescos onde o lobby aínda non meteu o nariz... Cantos consumes? E non, as salchichas, surimi e verduras embaladas non contan. Cantos? Non che vou dicir que a partir de agora sopres as túas candeas de cumpreanos nunha cenoria, nin que nunca xamais volvas comer un xeado no verán. Tampouco che estou a dicir que se acabaron as pizzas cos amigos ou que non compres tomate frito. Estouche dicindo que as tartas son para os cumpreanos, que non comas sempre macarróns con tomate e atún e que a coca-cola é de consumo ocasional. Que existen diferentes cereais sen refinar que dan maior enerxía e menor pico de azucre en sangue. Empeza a cuestionar o teu propio consumo. Non te agobies, vai pouco a pouco. Todo gran cambio é lento. Unha vez abertos os ollos e sendo conscientes do gran lobby do azucre xa temos dado o primeiro paso dun proceso de desintoxicación.

- Firmado: Unha adicta.

 
  • Laura Senande Corzón. Baiesa e estudante de Fisioterapia da Universidade da Coruña.

Outros artigos de Laura Senande

Fonte

comentarios