Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Detido un carballés despois de roubar un vehículo e un estanco, intentar escapar e acabar chocando cun vehículo da Garda Civil

Detido un carballés despois de roubar un vehículo e un estanco, intentar escapar e acabar chocando cun vehículo da Garda Civil
Coche da Garda Civil contra o que chocou o carballes Coche da Garda Civil contra o que chocou o carballés

Noite movida polas estradas da provincia. Eran arredor das 4:00h desta pasada madrugada de martes a mércores 12 de decembro cando a Garda Civil conseguía deter a un carballés despois dunha persecución pola AP-9.

A noite comezaba en Carballo, co roubo dun turismo Volvo, modelo V-60. Dende aí, o veciño de 36 anos e con numerosos antecedentes por delitos contra o patrimonio, desprazouse ata Taragoña, Rianxo, onde procedeu a roubar un estanco. A Garda Civil e a Policía Nacional de Vimianzo comezaron a seguilo e o Destacamento de Tráfico da Garda Civil da Coruña, que prestaba servizo de vixilancia do tráfico na autopista AP-9 (A Coruña-Tui), quixo paralo a altura do km.40,500, en Ordes.

Pero o condutor, deu marcha atrás tras deterse ao decatarse da presenza da patrulla á altura da peaxe de Ordes dirección A Coruña, coa intención de evadirse polo carril de incorporación á autopista. Ao verse acurralado polas patrullas que viñan tras el desde Rianxo, o condutor emprendeu a marcha e chocou contra o furgón policial que lle cortaba o paso e en cuxo interior atopábanse os dous axentes que integraban a patrulla, provocando unha forte colisión con resultado dos dous axentes feridos de diversa consideración.

Tras proceder á súa detención, os axentes puideron comprobar que o condutor carecía de permiso por perda de vixencia do mesmo. Así mesmo sometéuselle ás probas de alcoholemia e detección de estupefacientes e foi trasladado a un hospital en Santiago de Compostela.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de garda de Ordes, onde deberá presentarse o detido cando sexa requirido pola Autoridade Xudicial.

Coche roubado por un carballes Vehículo roubado en Carballo co que realizou os roubos e a escapada

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/mais-ala-do-delito/

Máis novas

https://quepasanacosta.gal/nova-noite-de-roubos-en-malpica/ https://quepasanacosta.gal/operacion-mobile-a-garda-civil-desarticula-a-banda-que-roubo-a-semana-pasada-na-tenda-de-telefonia-de-cee/

Comentarios