Sábado. 28.11.2020
El tiempo

#DirectosQPC: Mulleres no Fútbol da Costa; alcaldes de Carballo e Muxía; crise no comercio e hostalería; e faladoiro feminista

#DirectosQPC: Mulleres no Fútbol da Costa; alcaldes de Carballo e Muxía; crise no comercio e hostalería; e faladoiro feminista

Afrontamos a última semana da programación desta tempada dos #DirectosQPC. Despois de 3 meses de programación case que diaria, e meternos na casa de medio centenar de persoas da comarca, faremos un parón durante os meses de xullo e agosto, xa que a conciliación está sendo complicada. Pero este formato de entrevistas en directo a través a través das ferramentas tecnolóxicas (en directo na páxina de Facebook Que pasa na Costa” e despis polo Youtube e no diario) chegaron para quedar, e seguro que as retomaremos cando empece o curso.

Esta última semana comezaremos, coma sempre, en clave de Fútbol da Costa, porque seguimos botando de menos as crónicas. Falaremos ás 15:00h coa nova presidenta do Baio, Rebeca Facal, e con Silvia Cancela, directiva do Xallas FC, e vocal da directiva da RFGF, sobre o aumento da presencia, necesaria presencia, feminina no fútbol costeiro.

Martes e xoves continuaremos a rolda de alcaldes e alcaldesas da comarca, ollando como os Concellos poden axudar a saírmos desta crise, dende Carballo, con Evencio Ferrero (martes), e dende Muxía, con Iago Toba (o xoves).

O mércores teremos faladoiro sobre como está afectando todo esta crise a comercio, hostalería e restauración a 3 representantes de cada sector e cada comarca da bisbarra. Falaremos con Mari Luz Lema Suarez, da Tenda de Ma, de Vimianzo; con Silvia Bouzas, do Hotel Playa de Laxe; e Fran Insua, do Restaurante O Fragón de Fisterra.

O venres, para pechar a temporada, teremos un novo faladoiro feminista con Paula Castiñeira, a experta Patricia Vaquero e as representantes cos colectivos feministas costeiros. A sesión roldará sobre a violencia de xénero en tempos de confinamento.

Todos os #DirectosQPC

Faladoiros feministas

Outros Directos

Rolda de alcaldes e alcaldesas nos DirectosQPC

#DirectosQPC arredor da comunidade educativa e cultural de Baio

#FutboldaCosta

comentarios