Martes. 16.04.2024
El tiempo

Domingo Martínez Beiro, un home que non perde a fe

Domingo Martínez Beiro, un home que non perde a fe
Domingo Martinez Beiro durante a Romaria dos Muíños de Caldebarcos 2012 Domingo Martinez Beiro durante a Romaría dos Muíños de Caldebarcos 2012

Hoxe, sábado 19 de xaneiro, o bo de Domingo do Guindo "Gino" vai recibir por fin unha homenaxe. Serán os veciños de Oza-Cesuras o que queren recoñecer a súa personalidade e a súa labor cando estivo de cura na parroquia de Borrifáns. E alí, Domingo Martínez Beiro, soubo ganar o calor da xente. De feito casou ali. A súa muller é de alí. E colgou os hábitos e foi traballar e vivir á Coruña. Pero nunca perdeu a ligazón cos seus fregueses. Como nunca perdeu o contacto con Caldebarcos, como sabes.

E quen mellor que César Cambeiro para dedicarlle unhas palabras en QPC:

”Domingo Martínez Beiro, un home que non perde a fe”

Despois de nacer, e xa coas raíces de Caldebarcos dentro, marchou a estudar a Compostela, no seminario. Tralos montes, por terras de Arcos, en Mazaricos, tivo un dos seus primeiros destinos. Neses tempos achegábase en bicicleta polos altos das Paxareiras a mirar o mar da Foz enmarcado entre a praia de Carnota e América; o Pedregal, ao que aínda lle quedaban ovellas; ... e a casa dos seus pais. A morriña non coñece distancias. Andou o tempo. Na parroquia de Borrifáns foi na que el lle deu un xiro importantísimo á súa vida: Cambiou de traballo e fundou a súa propia familia. Desde sempre a súa actividade profesional mantívoo moi relacionado coa xente e iso fíxolle caer moito na conta de como era o seu país, o noso país, Galicia, e en que condicións se vivía. Xa nunca puido deixar de loitar por mellorar as condicións de vida da xente e, por suposto, as condicións políticas de Galicia. Amante empedernido da xente con historia, das historias da xente e tamén, como non, sempre se interesou polos que teñen a súa historia por escribir, os máis novos. Enormemente activo e impulsor de organizacións que axudan á estruturación da sociedade. El mesmo é custodio das tradicións, dos costumes, dos comportamentos, de culturas, do territorio e dos recursos naturais. Enormemente eficaz na búsqueda de posibilidades para manter cohexionada, activa e con ilusión a xente coa que colabora. DOMINGO DO GUINDO, o nome co que saíu de Caldebarcos; PADRINO, porque os e as coñecidas ás que bautizou lle chaman Padrino; e GINO, o nome polo se coñece máis internacionalmente. O sábado dezanove de xaneiro de dous mil dezanove fanlle, e recibe, unha homenaxe en Borrifáns, Cesuras. BRAVO CESURAS¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
  • César Cambeiro, actor natural de Caldebarcos e gran amigo de Domingo.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/caldebarcos-rima-nos-muinos-unha-oda-ao-millo/

Comentarios