Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Dous investigados por ciscar 100 botes de produtos tóxicos no encoro da Fervenza

Dous investigados por ciscar 100 botes de produtos tóxicos no encoro da Fervenza

Produtos toxicos botados no Encoro da Fervenza
Produtos tóxicos ciscados no Encoro da Fervenza

A Patrulla de Protección da Natureza (Paprona) da Garda Civil de Corcubión, atopaba este pasado 4 de outubro, ciscados no encoro da Fervenza, no termo municipal vimiancés, 100 envases con restos de produtos no seu interior, etiquetados con OTR 411, con pegatinas de “produto tóxico” e “perigoso parao medio acuático”.

A Benemérita decidiu investigar o asunto, ao ser este encoro base do suministro de auga de varias poboacións da comarca, puidendo provocar un granve risco para a saúde pública.

A Paprona constatou que os envases só se comercializan nunha empresa afincada en Arganda del Rey (Madrid), pero a través da trazabilizade descubriron que o propietario desta partida era unha empresa de construción de Santiago.

Deste xeito, a Garda Civil investiga aos dous propietarios como presuntos autores de delito contra o medio ambiente, por depósito ou vertido de residius tóxicos ou perigosos, obrigándoos ademais a retirar os envases e entregalos a un xestor autorizado de recollida desta clase de residuos. Os investigados foron postos a disposición do Xulgado de Corcubión.

Comentarios