Mércores. 11.12.2019
El tiempo

Dúas liñas de bus terán servizo baixo demanda en 5 paradas de Carballo e Coristanco

Dúas liñas de bus terán servizo baixo demanda en 5 paradas de Carballo e Coristanco
Bus baixo demanda

A Xunta pon en marcha hoxe o coincidindo co inicio das vacacións escolares de Nadal, o sistema piloto de Transporte á Demanda. Na comarca de Bergantiños, o servizo prestarase en dúas liñas que dan cobertura aos concellos de Carballo e Coristanco. Habilítanse en total cinco paradas funcionais, que coinciden coas físicas que durante o curso utilizan os Buses Compartidos.

Os usuarios que desexen que o transporte os recolla nestas 5 paradas funcionais deben pedilo no 988 68 78 00, de 8.00 a 20.00 horas, os días laborais, mesmo para varios nunha única chamada. O custe do servizo para o viaxeiro non se verá incrementado.
O usuario, logo de se identificar, indicará o concello e parada de orixe e o concello e parada de destino, e o operador informaralle dos horarios e servizos dispoñibles para a data na que pretenda viaxar.

Ademais toda a información estará dispoñible a partir do xoves que vén a través da páxina web www.bus.gal.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios