Venres. 19.04.2024
El tiempo

Economía municipal: Nós cumprimos!

Economía municipal: Nós cumprimos!
O principal obxectivo da política económica debe consistir na creación de emprego e perfeccionar a calidade do mesmo. Non me cansarei de repetilo. Sei que moitas voces críticas culpan aos concellos de non facer o suficiente nese ámbito. Tal vez teñan razón. O debate está servido. Non obstante, hoxe está de rabiosa actualidade outra cuestión: o déficit excesivo. Porque tamén se culpabiliza ás corporacións locais (concellos, deputacións, etc.) de xerar déficits sen fin. Sen embargo, os representantes municipais poden afirmar: nós cumprimos! Xa está ben de culparnos de todo! Non somos responsables do déficit! (escoitamos protestar con razón aos nosos alcaldes/as e concelleiros/as). O Goberno (en funcións), a oposición (en funcións) e os cidadáns (sempre en funcións) sabíamos que o obxectivo de déficit do conxunto das Administracións Públicas para 2015 era do 4,20% do PIB. Agora veñen as vágoas de crocodilo. Porque o déficit do conxunto das Administracións situouse, nese exercicio, nos 55.755 millóns de euros (sen ter en conta as axudas á banca). Esta cifra representa o 5,16% do PIB, así que superamos nun 0,96% o obxectivo previsto para ese ano. Deficit das administracions 2016 E poñémonos a choromicar porque, desde Europa, tírannos das orellas. Previsiblemente sancionarannos cunha multa que pode acadar ata o 0,2% do PIB (uns 2.000 millóns de euros) e que se acompañará, seguramente, coa conxelación de parte dos fondos europeos que percibiremos en 2017. Pero os concellos non son culpables. Todo o contrario. Foron os que mellor comportamento tiveron: superávit do 0,44%. O resto de Administracións rexistraron déficits: o Estado do -2,76%; a Seguridade Social do -1,26% e as Comunidades Autónomas o -1,66%. Sen embargo, a pesar deste bo comportamento orzamentario, as nosas entidades locais sufrirán as consecuencias derivadas dun problema que non provocaron. Terán que asumir as medidas previstas na normativa de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira, para responder con urxencia aos requirimentos da Comisión. Como nós, os cidadáns.
  • Domingo Guerra ([email protected]). Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.
 

Novas relacionadas

Outros artigos sobre Economía Municipal de Domingo Guerra

Fonte

Comentarios