Xoves. 25.04.2024
El tiempo

En Marea Coristanco critica que o concello non cumpra coa lei de Transparencia

En Marea Coristanco critica que o concello non cumpra coa lei de Transparencia
O veto da Xunta a Coristanco (e a Ponteceso) por non presentar as contas de 2016 causou malestar. Concretamente é o grupo de En Marea coristanqués quen critica a situación e interprétano como que "o noso concello non cumpre coa lei de Transparencia". "Cando sae na prensa este feito, a resposta de Terra Galega non se fai esperar acusando ao actual goberno de incumprir unha das premisas coa que supostamente se presentaba a moción de censura, dar solución aos problemas relacionados coa ineficacia política dos que era vítima o noso concello durante o goberno de Amancio Lavandeira", indican dende En Marea. Pero dende o punto de vista dos da Marea sinalan que "tendo en conta que o prazo para presentar as contas remataba en outubro do pasado ano, a realidade é ben distinta, xa que durante o ano 2017 o concello de Coristanco estivo baixo o mandato de dous gobernos diferentes. Un liderado por Amancio Lavandeira de TeGa e outro liderado polo concelleiro, segundo el do PSdeG-PSOE, Abraham Gerpe trala moción ce censura celebrada en agosto", indican. Ante esta situación, os membros de En Marea de Coristanco chegan á conclusión de que "estamos diante dunha mostra máis do que vimos nós dicindo todo este tempo, que Terra Galega e o goberno saído da moción (PP e PSOE), teñen o mesmo modo de actuar facendo da ineficacia política e do desgoberno unha das súas características principais e a culpabilidade da situación que estamos a vivir e tanto culpa duns coma doutros". Novas relacionadas Fonte

Comentarios