Xoves. 28.03.2024
El tiempo

En Marea preséntase oficialmente en Coristanco

En Marea preséntase oficialmente en Coristanco
Carlos Abelenda-En Marea Coristanco Carlos Abelenda é a faciana de En Marea en Coristanco

No medio da voráxine de espantada municipal, aparece cunha nova forza. Xa levan denunciando a imposibilide de participación veciñal nos plenos, pero este vindeiro venres 24 de febreiro, En Marea Coristanco celebrará a súa I Asemblea.

Será a partir das 20:30h no Salón de Actos do Edificio de Servizos Múltiples, coa intervención de Antón Sánches, Deputado En Marea no Parlamento de Galicia, e que servirá de posta de longo do voceiro municipal, Carlos Abelenda, un nome que vai soar a partir de xa na política municipal coristanquesa, tentando “construír a ferramenta que traia a Coristanco o cambio político”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios