Xoves. 02.04.2020
El tiempo

Fernando Carrillo e Pepe de Oleghario explican os Naufraxios aos IES da comarca de Fisterra para o Concurso de Murais

Fernando Carrillo, é esquerda, e Pepe de Oleghario, segundo pola dereita, impartirán unha charla sobre naufraxios aos IES do Concurso de Murais de Lar

Xa está case que a pleno rendemento unha nova edición do Concurso de Murais de Suministros Lar. Este ano, como nos comentaran Gonzalo e Tatiana hai uns meses, o fío condutor son os Naufraxios, afondando na liña de explotar o noso patrimonio subacuático.

E para que os protagonistas, que non son outros que o alumnado dos centros de ensino participantes, tomen boa nota da importancia e da riqueza dos nosos fondos, e do inmenso patrimonio inmaterial que leva asociado este tema, a empresa organiza unha charla informativa para o vindeiro 30 de xaneiro.

Serán Fernando Carrillo, de Buceo Finisterre, e Pepe de Oleghario, o autor dos incónicos mapas de naufraxios da nosa costa, os que impartirán unha masterclass na Casa da Cultura de Corcubión.

Novas relacionadas

comentarios