Mércores. 25.11.2020
El tiempo

Unha Gran Burla Negra organiza un seminario online para repasar os Arquivos do Prestige

Unha Gran Burla Negra organiza un seminario online para repasar os Arquivos do Prestige

Cando se veñen de cumplir 18 anos da catástrofe medioambiental do Prestige, os arquivos da memoria seguen actualizándose con documentos e contestemuños. Así o entende necesario o colectivo Unha Gran Burla Negra, con quen este verán xa repasamos os “Arquivos do común” no Museo Man de Camelle, non sen certa polémica.

Este novembro volven á carga. Ían ser unhas sesións no Museo do Pobo Galego, pero o Seminario Os “favoritos” do trasno: Arquivos cidadáns e memoria democrática vaise desenvolver integramente pola rede.

Entre os organizadores, que queren afondar no movemento #NuncaMáis, atopamos Germán Labrador, Jorge Linheira, Daniel L. Abel, ademais da nosa María Bella.

As sesións, retransmitidas a través da plataforma Zoom, arrincan o venres 20 de novembro ás 10:00h e durarán todo o venres e a mañá do sábado. Pasarán pola pantalla na primeira sesión a cineasta Xiana de Teixeiro, a artista Carme Nogueira ou a historiadora da arte Sabela Fraga. Despois da pausa-café doméstica, tocará o turno a Horacio González, Manuel Sendón e Lara Barros.
Pola tarde Anxo Rabuñal e Marta Pérez Pereiro predecerán a dous dos organizadores, antes de que pasen a falar representantes de colectivos tan activos como o Cineclube Compostela, a Asociación Patio de Butacas ou a redenasa.tv.

O sábado comeza coas experiencias de Lourenzo Fdez. Prieto, Joan Morera Arbones, Xoán Carlos Garridoe, e Xurxo Ayán; e remata con Carlema Montero, Xosé Lois Vázquez e Xavier Paz, e os organizadores Daniel L. Abel, María Bella, que repasará o “arquivo” en clave feminsita.

Máis información e inscrición

Poden consultar aquí o programa completo e realizar a inscrición enviando un correo a [email protected] indicando no asunto ‘Inscrición seminario – arquivos do trasno’.

Artigos relacionados

Novas do #Prestige

comentarios