Martes. 11.08.2020
El tiempo

Haberá Marea nas convulsas municipais de Coristanco

Haberá Marea nas convulsas municipais de Coristanco
marea de coristanco

Preséntanse moi movidas as eleccións municipais de Coristanco 2019. Con poucas caras xa confirmadas, as candidaturas independientes poderán revolucionar o panorama. Se Lavandeira parece que repetirá por TEGA, e con Juan Carlos Garcia como voceiro do PP despois da purga feita arredor do ex alcalde, hoxe coñecemos ao terceiro candidato.

Juan Carlos Abelenda preséntase por Marea de Coristanco. Cunha nova imaxe, e despois de case dous anos dando batalla dernde segunda liña, Abelenda, aos seus 22 anos, dá o paso porque considera “que é necesario montar unha candidatura de unidade popular no noso pobo para as próximas eleccións municipais, para así chegar ao goberno local e poñer o concello ao servizo da cidadanía, e por tanto deixar atrás as máis de dúas décadas ao servizo de redes clientelares. Feito que se evidencia co esperpento vivido na actual lexislatura”, valora.

Xa conta cun nutrido grupo de xente disposto a participar na equipa, pero mantén abertas as portas “a todas as veciñas e veciños do concello de Coristanco a participar neste proxecto, o cal iremos explicando e debatendo a través de asembleas que irán tendo lugar nas diferentes parroquias do concello para construír a ferramenta do cambio político no noso concello e abrir un tempo novo na política municipal coristanquesa que poña os intereses das veciñas e veciños por diante dos intereses particulares duns poucos”.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/juan-carlos-garcia-a-unica-novidade-do-pp-para-as-municipais-en-bergantinos/ https://quepasanacosta.gal/en-marea-de-coristanco-pide-a-dimision-de-antonio-pensado/ https://quepasanacosta.gal/en-marea-presentase-oficialmente-en-coristanco/

comentarios