Venres. 03.07.2020
El tiempo

Identifican unha muller en Coristanco que conducía sen carnet baixo os efectos do alcohol

Identifican unha muller en Coristanco que conducía sen carnet baixo os efectos do alcohol

Aínda se suceden casos coma estes na comarca de Bergantiños. Unha muller de 43 anos, natural de Huelva, era identificada pola Garda Civil despois de realizar diversas maniobras erráticas no punto kilométrico 00,100 da DP-2904, en sentido decreciente, á altura do término municipal de Coristanco.

Os corpos de seguridade comprobaron que a muller nunca obtivera o permiso de conducir, polo que procederon á súa investigación por un suposto delito contra a seguridade vial.
Ademais, realizáronlle as probas de detección de alcohol no organismo, resultando das mesmas, unha taxa de 0,70 mg/l e 0,72 mg/l respectivamente, quedando o vehículo inmobilizado.

Consecuencias

Como consecuencia do anterior, procedeuse por parte dos Axentes á confección de dilixencias por un suposto delito contra a seguridade Vial, cuxa pena é de prisión de tres a seis meses e multa de seis a doce meses ou traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días e, en calquera caso, privación do permiso de conducir vehículos a motor por un tempo superior a un ano e ata catro anos.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución nº 2 de Carballo, onde deberá presentarse a investigada cando sexa requirida pola Autoridade Xudicial.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/vieiro-axuda-aos-mozs-carballeses-a-sacar-o-carnet-de-conducir/ https://quepasanacosta.gal/vieiro-e-as-autoescolas-de-carballo-alonxan-as-drogas-dos-coches/

comentarios