Venres. 29.03.2024
El tiempo

Igualdade de indemnizacións para temporais e indefinidos

Igualdade de indemnizacións para temporais e indefinidos
Hoxe temos a posibilidade de publicar este interesante artigo dun veciño bergantiñán. Diego Dourado, ademais de ser o gardamallas da UD Cerqueda, traballa no eido xuridico, e considera de gran importancia a nova decisión do Tribunal de Xustiza da UE sobre as indemnizacións.

Igualdade de indemnizacións para temporais e indefinidos

indemnizacion-por-despido Este é o fallo do Tribunal de Xustiza dá Unión Europea que o pasado 14 de setembro ditaminou que en España existe unha discriminación entre as indemnizacións dos contratos de traballadores indefinidos e os temporáis. De esta sentenza, de plena aplicabilidade no noso país, xa se serviu o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid o día 5 de outubro. Unha sentenza, hai que dicilo, malísima. Que me disculpen os Ilmos. Maxistrados dá UE, que este humilde xurista non sabe máis dereito que as súas señorías, pero confundir ou non diferenciar a extinción dos contratos por causas obxetivas e a extinción por causas legais ou contractuais, é de 2º de Dereito, informeime. Pois ben, a pesares da diabólica sentenza, esta vai alterar de maneira significativa a lexislación laboral española. Ata o de agora si o traballador con un contrato indefinido (os mal chamados “fixos”) fose despedido por motivos obxetivos, a este correspondelle unha indemnización de 20 días por ano traballado; mentres que os titulares dun contrato temporal, ao momento da extinción contractual, serianlle abonados entre 8 e 12 días por ano traballado en función da data de firma do contrato, salvo os interinos (contratos que se utilizan para sustitucións temporáis de embarazos, excedencias, etc.) e os de formación que non reciben indemnización algunha. É importante o matiz do parágrafo anterior, explícolles. Sw un traballador fose despedido procedentemente, xa sea temporal ou indefinido, a indemnización sería igual para ámbolos dous casos, 20 días por ano traballado. Pero fíxense, o que fai o TJUE é equiparar o despido á data de extinción que posúen os contratos temporais, esta manobra, intencionada pero de corte pouco profesional, do Alto Tribunal fai que o resultado sexa pro operario. En base a estas diferenzas de días a efectos indemnizatorios, a Unión Europea considerou discriminatorio o trato ao traballadores temporais sempre e cando estos estean “en una situación comparable a la de los trabajadores contratados por tiempo indefinido”, é dicir, desenvolvan as mesmas funcións e estean igual de capacitados que os traballadores aos que sustituen ou que desenvolvan funcións semellantes dentro da mesma empresa. Aínda que a sentenza versa sobre o caso dun contrato de interinidade, dende o meu punto de vista, a resolución é aplicable a calquera tipo de contrato temporal. Diferente visión ten Madrid, pois dende o Ministerio de Empleo e Seguridade Social apresuráronse a facer público que a discriminación só afectaría aos interinos, craso erro, pois a magnitude do fallo e de quen o evacúa non poderá ser omitida, pois desembocará nun cambio na lexislación laboral, cuestión diferente é saber cando. Por último e non menos importante encontrase a cuestión da retroactividade, é dicir, si os beneficios da sentenza son de aplicación anterior a setembro do 2016. Non é unha cuestión baladí, pois según o INE case catro millóns de españois desenrrolan o seu traballo baixo este tipo de contratos, e os efectos dun mál cálculo da indemnización pola extinción destos dará algun susto aos empresarios e a patronal. Diego Dourado Diego Dourado Na miña opinión, o pago de indemnizacións equiparables ao contrato indefinido con carácter retroactivo debe plantexarse dende unha doble vertente: dende un punto de vista xurídico, creo que a data dende a cal aplicar o protocolo de indemnizacións sería a de 10 de xullo de 2001, día que se esixe aos países membros da UE aplicar a directiva que recolle o principio de non discriminación; dende un punto de vista práctico, e xa o vimos no caso das preferentes, a súa aplicación debería esgrimirse dende a data dacitada sentenza europea. A lexislación e os tribunais dirano, mentres tanto letrados dispostos e avezados navegarán nas emerxidas lagunas.
  • Diego Dourado, profesional do eido xurídico. Porteiro da UD Cerqueda ([email protected]).
 

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios