Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Íntegro une forzas con Origen Galicia para a formación pre-laboral de persoas con diversidade funcional

IMG_20190620_200104
Íntegro une forzas con Origen Galicia para a formación pre-laboral de persoas con diversidade funcional

Íntegro une forzas con Origen Galicia para a formación pre-laboral de persoas con diversidade funcional

Novo paso da Asociación Íntegro para mellorar inserción socio-laboral das persoas con diversidade funcional da Costa da Morte. Para elo, este xoves 20 asinan á sinatura dun convenio de colaboración coa empresa Origen Galicia.

Esta nova acción ten como principal obxectivo dotar ás persoas usuarias do noso Centro Ocupacional dunha formación pre-laboral en diferentes áreas colaborando con dita compañía na montaxe das súas tradicionais cestas de Nadal, o que posibilitará a adquisición dunha maior experiencia no desempeño de traballos en cadea, control de stock, almacenaxe e recepción/envío de mercancía, entre outras tarefas.

Origen Galicia é unha empresa especializada na comercialización dunha ampla selección de produtos de orixe galego de máxima calidade co obxectivo de recuperar os sabores tradicionais da nosa terra e promover o consumo de alimentos autóctonos e saudables, procedentes de produtores locais, para xerar un comercio xusto en beneficio das pequenas empresas dando a coñecer as súas marcas e promovendo sinerxías que permitan o seu crecemento e expansión no mercado actual.

Novas relacionadas

Comentarios