Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Localizan con vida o veciño que desaparecía o pasado martes

Localizan con vida o veciño que desaparecía o pasado martes
Disposito de busca do home desaparecido polos montes de MUros Disposito de busca do home desaparecido polos montes de MUros Esta mañá de sábado 19 de xaneiro era atopado vivo o veciño de Muros, Juan Rodríguez Caamaño, duns 60 anos, que desaparecía na tarde do pasado martes 15. Tras 5 intensos días de busca cun dispositivo completísimo, foi atopado vivo nunha finca do Matovello, en Uhía por un integrante do dispositivo de busca, e xa esta no centro de saúde recibindo a atención médica pertinente. Traballaron estes días, percorrendo quilómetros e quilometros de monte, Garda Civil, GES de Muros, Unidade Canina e o Helicoptero, policìas Locais de Carnota e Muros así como voluntarios de AVPC. Mesmo a Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), cos seus drons están participando do dispositivo.

Comentarios