Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os concellos reparten material sanitario e afía a limpeza nas escolas

Malpica reparto de mascaras nos coles
O alcalde de Malpica facendo reparto das máscaras polos coles
Os concellos reparten material sanitario e afía a limpeza nas escolas

Onte, o alcalde de Malpica, Walter Pardo, e o concelleiro de Promoción Económica e Benestar, Sergio García, acudiron aos centros educatuivos do municipio para facer o reparto de material de seguridade coincidindo co novo inicio do curso escolar para Infantil e Primaria.
Trátase de lotes de máscaras sanitarias e difusores de xel hidroalcólico, para que as rapazas e rapaces vexan garantida a súa seguridade.

Ponteceso

Do mesmo xeito, durante a vindeira semana, o Concello de Ponteceso procederá a entregar máscaras de protección ao alumnado de infantil e primaria das escolas do municipio. Os nenos e nenas matriculados no CRA Nosa Señora do Faro, no CEIP Eduardo Pondal e no CEIP As Forcadas de Corme recibirán unha máscara de tela reutilizable a partir do próximo luns.

Camariñas

Botes gel Camariñas 2

Ademais, o Concello de Camariñas comezou co reparto de recipientes de xel hidroalcólico para toda a educación obligatoria, ata 4º da ESO, con motivo do comezo do curso escolar.

Sinalan, á súa vez, que se reforzará a limpeza nos centros e se instalarán mamparas nos espazos onde non se poidan cumplir as medidas sanitarias.

Carballo

Tamén o Concello de Carballo anuncia que amplía o contrato do servizo de limpeza dos colexios para que se cumpra o protocolo anti COVID-19.

Comentarios