Venres. 19.04.2024
El tiempo

Mañá de temporal de vento e chuvia na Costa da Morte

Mañá de temporal de vento e chuvia na Costa da Morte
Unha carretera anegada pola forte chuvia esta mañá en Cee Este martes amencemos mirando ao tempo, xa que unha fronte moi activa atravesa Galicia deixando novamente unha situación de temporal de chuvia e vento fortes. Así o ratifican as cifras dos valores extremos colleitados ate o momento nas estacións meteorolóxicas da Costa da Morte, situándose entre os máis potentes de toda a comunidade galega. Tanto é así, que os refachos de vento xa superaron os 130 km/h nalgunhas zonas como en Fisterra e na Gándara (Vimianzo), situándose aquí nos 135 km/h. En canto á chuvia, Zas (estación Coto Muíño) foi a localidade nas que máis precipitacións se rexistraron ata o momento, con valores de 35 l/m2. Pola súa parte, en Santa Comba (na estación de Fontecada) hai rexistrados por agora 32.4 l/m2 e na Gándara, en Vimianzo, 31.4 l/m2. Incidencias Así, as intensas chuvias das últimas horas están ocasionando inundacións das zonas típicas, e xa é moi difícil circular por algunhas carreteras da zona. Así, por Muxía a cousa foi menor da esperada, despois dos sucesos das semanas pasada. Protección Civil tivo que acudir por unha árbore caída na estrada da Ponte do Porto, e tivo que cortar puntualmente a estrada que vén de Berdullas a Viseu, por unha balsa de auga. Ademais, houbo un novo baixo anegado en Fumiñeo. Según informa Meteogalicia, as precipitacións descenderán a partires das 15.00 horas, aínda que se mantén o aviso amarelo por ventos e temporal no mar. https://quepasanacosta.gal/os-bombeiros-acuden-a-liberar-un-condutor-en-carballo-e-a-sufocar-un-incendio-nunha-vivenda-e-vimianzo/

Comentarios