Sábado. 20.07.2019
El tiempo

Mar de Fábula recolle 560 bastonciños de algodón en cen metros de praia

Mar de Fábula recolle 560 bastonciños de algodón en cen metros de praia
Nunha hora e nun radio de 100 metros recolleron 560 bastonciños de algodón. Imaxe: Mar de Fábula Nunha hora e nun radio de 100 metros recolleron 560 bastonciños de algodón. Imaxe: Mar de Fábula Unha vez máis os integrantes de Mar de Fábula dan unha lección de ecoloxía. Durante unha hora e en menos de 100 metros recolleron un total de 560 bastonciños de algodón. Ou o que significa unha densidade de case 6 unidades por metro lineal causando un elevado impacto ambiental. "Esta é a densidade máis alta que temos controlado até o de agora", din os membros da asociación ecoloxista. Atrás quedaron os outro moitos metros de areal das Salseiras, en Caión, así como a súa zona alta onde se acumulan unha gran cantidade de lixo orgánico, plásticos e moitos máis bastonciños de algodón que van parar aos areais despois de tiralos polo inodoro tras o seu uso para a hixiene persoal. Os bastonciños convértense en microplasticos que acaban no estómago da fauna mariña. Imaxe: Mar de Fábula Os bastonciños convértense en microplasticos que acaban no estómago da fauna mariña. Imaxe: Mar de Fábula Segundo relatan dende Mar de Fábula, na súa expedición poideron comprobar que a metade destes refugallos xa se atopaban esmagados, polo que se converteran en microplásticos que soen ir a parar ao aparello dixestivo da fauna mariña. Este tipo de accións dan conta do serio problema ambiental que están a causar estes productos para a hixiene persoal e que se deriva do equívoco hábito de tiralos pola taza do wc. Os membros de Mar de Fábula atoparon un arao morto na praia das Salseiras. Imaxe: MF Os membros de Mar de Fábula atoparon un arao morto na praia das Salseiras. Imaxe: MF Na saída, os membros de Mar de Fábula atoparonse tamén cun arao morto e cun envase de plástico con caracteres turcos que probablemente proceda do corredor marítimo de Fisterra.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios