Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Milleiros de persoas achegáronse esta fin de semana a Ponteceso para ver a balea que apareceu morta en Balarés

Milleiros de persoas achegáronse esta fin de semana a Ponteceso para ver a balea que apareceu morta en Balarés
Milleiros de persoas acercáronse ata Balarés esta fin de semana. Foto: Rafa Quintáns A balea que varou o pasado sábado na praia de Balarés levantou durante estes dous días unha gran expectación entre a multitude de persoas que se acercaron ao areal pontecesá. “Despois da campaña que fixera Greenpeace de salvar as baleas, vese que é un animal moi querido e espectacular de ver. Así, entre o sábado e domingo pasaron por Balarés, “entre 5.000 e 6.000 persoas”, apuntaba esta mesma mañá Lois Carballido, alcalde de Ponteceso. “Agora mesmo, acabo de chegar da praia e xa había sobre uns 50 ou 60 curiosos”. Retirada da balea Hoxe será o último día para contemplar o animal antes de que se inicie a súa retirada, prevista para mañá pola mañá. Uns traballos que volverá asumir o propio Concello sen a axuda doutra Administración, coma xa ocorreu co arrastre do animal desde o mar. “Hoxe contactamos coa Dirección Xeral de Calidade Ambiental e dinnos que a Xunta só se encargará de transportar os restos do animal…  polo que será o Concello o que contrate o resto dos servizos. Desde a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños pasáronnos un orzamento, e serán eles os que se encarguen do procesamento dos anacos do animal para conservar o esqueleto", explica Carballido. O exemplar, un macho de 18 metros e arredor de 20 toneladas, foi atopado o sábado en Ponteceso Feito extraordinario Esta é a segunda balea que vara nos areais da Costa da Morte nas última semana, trala de Nemiña, en Muxía. “Si que é normal que aparezan baleas neste tempo, porque fan a migración desde as augas tropicais, pero o raro é que aparezan tantas xuntas, e que unha dela fora recen nacida”, explica Pablo Covelo, biólogo da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma). Así, durante as tempada de verán estes animais adoitan migrar a augas frías onde a comida é abundante, e cando o clima se volve máis frío e os alimentos comezan a escasear, estes volven migrar cara augas cálidas para aparearse e criar. “O raro é que xa estean parindo á nosa altura, tan ao norte”, subliña Covelo. Hipóteses Explican desde Cemma que este é un episodio puntual que leva a varias hipóteses. “Pode deberse ao quecemento global que afecte xa non tanto ás baleas, senón ás presas, que aquí haxa máis peixe para alimentarse”. Agora, queda esperar: “Todas as cousas da natureza hai que velas  nunha sucesión de tempo amplo”.   https://quepasanacosta.gal/unha-nova-balea-varada-na-area-de-balares/

Comentarios