Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Nova edición do Concurso Quero Cantar

O prazo para participar no concurso musical e infantil permanecerá aberto até o 15 de outubro
Nova edición do Concurso Quero Cantar

 Costa da Morte é especialista neste concurso. Na primeira edición un grupo laxense quedaba campión, e nas dúas seguintes edicións tiñamos finalistas de Carnota, Fisterrade Laxe (que vemos no vídeo), e máis de Cee.

Este ano esperamos ver unha gran participación de bandas escolares costeiras na cuarta edición do Concurso “Quero cantar”. Un certame musical musical convocado pola Área de Cultura da Deputación da Coruña que xa ten o seu prazo de inscrición aberto, ata o 15 de outubro.

O requisito básico para participar na nova edición do ""Quero Cantar" é que a música e a letra sexan orixinais e inéditas, e que as persoas integrantes dos grupos se ateñan ao límite de 12 anos para a categoría infantil e de 13 a 16 anos para a xuvenil. Na categoría infantil admítese a colaboración dunha persoa que exceda o límite de idade.

Os premios consisten en cantidades de 1500, 1000 e 500 euros en material musical para os tres primeiros clasificados en cada categoría. A cancións gañadoras en ambas as categorías gravarán tamén cadanseu videoclip.

As persoas interesadas poden ampliar información consultando as bases na páxina web www.querocantar.gal ou contactando coa organización do certame a través das súas redes sociais.

Novas relacionadas

Comentarios