Venres. 19.04.2024
El tiempo

Novo prazo de matriculación para as Ensinanzas de Educación de Persoas Adultas

Para quen non ten a titulación básica, para quen non rematou a EXB, para quen ten o Graduado escolar mais non o Graduado en ESO..., as ensinanzas de Educación de Persoas Adultas, EPA, ofrecen unha nova oportunidade de formación. Por iso, sempre queremos lembrar os prazos de matriculación, que abren en breve segundo nos informan dende o IES Fernando Blanco, de Cee,

O prazo de admisión e matrícula destes módulos II e IV será dende o 8 de xaneiro até o 17 de xaneiro. Poderase  solicitar a admisión nas mesmas e formalizar a matrícula para o vindeiro cuadrimestre do curso 2019-2020, no módulo II correspondente ao curso 2º da ESO, así como no módulo IV, correspondente ao curso 4º da ESO.

Deste xeito, as persoas que no mes de setembro realizaron inscrición no módulo II ou módulo IV, deben formalizar a matrícula.

No caso das Ensinanzas Básicas Iniciais, o prazo de matrícula permanece aberto todo o curso.


Esta convocatoria diríxese a aquelas persoas que teñan 18 ou mais anos, e que poidan acudir en
horario de tarde-noite ás clases que lles permitan retomar antigos estudos primarios para acadar o Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

Novo prazo de matriculación para as Ensinanzas de Educación de Persoas Adultas
Comentarios