Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un novo vehículo para as Agrupacións de Protección Civil de Carnota, Cee e Zas

Elena Ramos de Proteccion Civil de Zas co teniente alcalde Oscar Lema
Elena Ramos, de Proteccion Civil de Zas, recollendo o Nissan
Un novo vehículo para as Agrupacións de Protección Civil de Carnota, Cee e Zas

Sempre é fundamental salientar a labor das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil. Por iso recollemos tamén o novo vehículo que a Dirección Xeral de Emerxencias vén de entregarlle a 12 concellos de Galicia, entre eles aos Carnota, Cee, e Zas.

Os de Carnota e Zas son unha pick up de Nissan Navara, como recolleron a Responsable da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Zas, Elena Ramos, e o responsable carnotán José Antonio Maceiras, en Santiago.

Cee recibiu un remolque, que conta cunha electrobomba sumerxible, unha motobomba para augas residuais, xeradores de electricidade portátil, motoserra, rozadora, torre de iluminación e kit de balizamento e sinalización.

foto entregar pick up Prot Civil Carnota
O alcalde de Carnota recollendo a pick up

Comentarios