Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os núcleos de poboación de menos de 5.000 habitantes poderán saír sen restricións horarias

  • Carballo fica como o único núcleo de poboación da Costa da Morte con restricións horarias
carril bici de carballo
Carballo é o único núcleo de poboación da Costa da Morte que queda con restricións horarias
Os núcleos de poboación de menos de 5.000 habitantes poderán saír sen restricións horarias

A Xunta trasladaba a pregunta o pasado luns e onte facíao tamén o alcalde de Laracha a título persoal. Porque contabilizar a cifra de 5.000 habitantes por concellos, e non por núcleos de poboación era algo estrano. Xa se aplicaba en Asturias, e dende mañá, trala rectificación do Goberno Central, farase efectiva en Galicia no marco da chamada “desescalada”.

É dicir, dende este mesmo venres 8 de maio, os núcleos de poboación de menos de 5.000 habitantes non terán restricións horarias para saír a realizar actividade física non profesional ao aire libre.

A FEGAMP vén de informar que os núcleos quedan definidos por parroquias, se ben o Goberno Central pide á Xunta que certifique esa información con cada concello.

Na tesitura de superar os 5.000 habitantes estaban, ademais de Carballo, por suposto, Camariñas (5.272 habitantes), Cee (7.546), Malpica (5.391), Muros (8.556), Ponteceso (5.502), Santa Comba (9.426) e Vimianzo (7.057). Segundo o Instituto Nacional de Estatística, ningún dos núcleos destes concellos (agás Carballo) superan a cifra chave.

Novas relacionadas

Comentarios