Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Numerosas entidades da Costa da Morte súmanse ao rexeitamento do Campionato de España de caza do raposo

Numerosas entidades da Costa da Morte súmanse ao rexeitamento do Campionato de España de caza do raposo
caza-zorro-Foto-Elcotodecaza Imaxe ilustrativa da caza do raposo-Foto-Elcotodecaza

Asociacións como Senda Nova, Salvemos Cabana, Petón do Lobo, Ouriol do Anllóns, a asociación de veciños de Cereo, Contramínate de Laxe, Cova Crea, a Plataforma pola Defesa de Corcoesto e Bergantiños, a Plataforma pola defensa da Terra de Coristanco e a asociación veciñal e cultural río Lourido de Valenza, súmanse á campaña de rexeitamento social contra a práctica “deportiva” da caza do raposo. Como fixera PX, o biólogo Martiño Nercellas a título persoal, ou varios veciños a través dunha Fotodenuncia, estas entidades ecoloxistas, colectivos e asociacións ambientalistas de Costa da Morte piden a paralización inmediata do campionato de España de Caza, que Galicia ten previsto acoller o vindeiro 3 de febreiro, nun espazo situado entre os concellos de Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro, Forcarei e A Estrada.

Denuncian que devandito supón unha “vulneración flagrante e manifesta da Lei de caza vixente e do artigo 45 da Constitución española”. Este luns algunhas destas entidades xa teñen previsto enviar o seu posicionamento á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e á Valedora do Pobo, xa que non existe ningún interés público na organización destas batidas e campionatos que cada vez contan con máis repulsa e rexeitamento social.

Lembran que “Este campeonato de caza de raposo, ao igual que outros xa celebrados, non teñen ningún obxectivo de xestión da especie, resultan ilegais, xa que vulneran a Lei 13/2013 de caza de Galicia”. “Non é legal nin ético nin racional unha práctica cruel, irracional, depredadora que consiste en matar o maior número de raposos no menor tempo posible”, reiteran.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios