Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O 90% dos alumn@s costeiros faltan á Reválida de 3º

O 90% dos alumn@s costeiros faltan á Reválida de 3º
Cartel da Fonte da Cristina de Carballo no CEIP contra a revalida Cartel da Fonte da Cristina de Carballo no CEIP contra a Reválida

Se hai un par de semanas, un 85% dos alumnos de 6º de Primaria da Costa da Morte faltaron á Reválida, a resposta á Reválida de 3º foi aínda máis acusada. Parece que campañas informativas das ANPAS funcionou porque desta volta, o 90% dos alumnos dos centros de ensino da Costa da Morte pertencentes á rede da Federación de ANPAS da Costa da Morte non acodiron á súa cita cos exames prantexados pola LOMCE.

Eses son os datos que nos facilita a Coordinadora da Fedanpas, que colleitou os datos de máis de 20 centros.

Así, en coles como os de Laxe, Malpica, Agualada, Corcubión, Cabana, Rus ou o carballés de A Cristina, tod@s ausentáronse, confirmando que a meirande parte dos país desta comarca din Non á LOMCE.

Noutros centros como o de Zas, o de Eugenio López de Cee, o de Fisterra, ou o de Coristanco, a ausencia rondou o 90%, algo superior a outros como os carballeses Bergantiños e Fogar, Mazaricos ou Ponteceso. Foron centros como os de Carnota e Razo onde a presencia de alumnos foi notoria.

Novas relacionadas

Novas relacionadas sobre a Reválida

Fonte

Comentarios