Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O BNG de Coristanco enfróntanse aos tres novos parques eólicos que invadirán a comarca

O BNG de Coristanco enfróntanse aos tres novos parques eólicos que invadirán a comarca
Estado da Lagoa de Alcaian o pasado 2017 coa seca-Foto-Senda Nova Estado da Lagoa de Alcaián o pasado 2017 coa seca, un dos lugares afectados polo parque eólico-Foto-Senda Nova

Coñeceremos o proxecto polo miúdo ao longo da semana, pero xa sabemos que o BNG de Coristanco vén de presentar alegacións ao parque eólico do Campelo (en fase de exposición pública ata o luns), un dos tres que forma parte dun megaproxecto eólico (xunto cos proxectados parques do Bustelo e do Monte Toural), polo cal se instalarán nesa zona (Coristanco, Santa Comba, Carballo ), 27 eólicos, dos cales 23 irían en terreo coristanqués (parroquia de Seavia fundalmentalmente e parte de Erbecedo), causando un forte impacto ambiental, patrimonial e social.

Unha zona que ademais xa conta cos 18 aeroxeadores en funcionamento desde hai anos no monte Castelo, e que segundo a voceira Laura Mariño, “non leva parello ningún tipo de utilidade pública” para a veciñanza de Coristanco. Por iso, pide que “se denegue a declaración de utilidade pública e necesidade de urxente ocupación”.

Parque eólico do Campelo

Se ben a vindeira semana O BNG coristanqués tamén alegará ao parque eólico de Bustelo, explican que o do Campelo, proxecto promovido pola empresa Greenalia Wind Power, ocuparía unha extensión de 2.800 Ha con 11 aeroxeneradores de 113 metros de alto 136 metros de diámetro de rotor, os máis grandes da Costa da Morte e de Galicia, algúns dos cales se situarían a menos de 300 metros do humidal de Alcaián e nunha distancia menor a 500 metros das vivendas do Campelo, Pereiras e As Salgueiras, que ademais dos eólicos, terán moi preto das súas casas as liñas de evacuación da enerxía eléctrica e un constante tránsito de vehículos de gran tonelaxe.

Nas alegacións, o BNG chama a atención ademais sobre a proximidade dos aeroxeneradores proxectados así como do cableado e outras infraestruturas do parque, ás brañas e á lagoa de Alcaián, zona proposta para a súa inclusión na Rede Natura xa no ano 2008, subliñando a contradición que supón que mentres se propón a figura de humidal protexido para a zona desde hai anos, por outro lado se admita a trámite un parque eólico que afecta de maneira irreversible a contorna da Braña Rubia, cunha importante riqueza arqueolóxica e ambiental, con especial destaque de especies animais e vexetais que son especies endémicas deste territorio e incluso teñen lexislación que ampara a súa conservación e proteción estrita. O exemplo paradigmático constitúeo a Centaurea ultreiae, especie vexetal que tan só se dá na Braña Rubia e no Monte Castelo, considerada en perigo de extinción.
Xa vimos, en todo caso, a preocupación que ten a Xunta con esta lagoa coas confilitivas obras que arrasaron especies endémicas en 2016.

De feito, BNG asegura que tamén está a traballar noutro tipo de iniciativas a nivel nacional para que desde a Xunta de Galiza se axilice a protección da Braña Rubia-Alcaián e se informe sobre o estado de tramitación da ampliación da Rede Natura 2000, que leva anos parada.

Novas relacionadas

Novas eólicas

Máis novas

Fonte

Comentarios