Venres. 29.03.2024
El tiempo

O bo tempo e as festas continúan instalados na #AxendaCostadaMorte

O bo tempo e as festas continúan instalados na #AxendaCostadaMorte
As festas continúan protagonizando a #axenda da Costa da Morte na última fin de semana deste verán 2018. Ademais de verbenas, ao longo destes tres días hai outras propostas para todos os gustos. Case todas son ao aire libre polo que segundo o parte costeiro de Meteogalicia  a metereoloxía permitirá desfrutar delas. Iso sí, para as noites e para as mañáns é necesaria a chaqueta.

Meteogalicia

Hoxe os ceos da Costa da Morte alternarán nubes e claros, as temperaturas serán moi semellantes ás destes días e os ventos soprarán do nordés con intensidade moderada. Os ceos estarán practicamene despexados durante o día de mañá sábado e xa o domingo as protagonistas serán as nubes e as brétemas costeiras, ainda que non impedirán completamente o paso do sol. En canto ás temperaturas prevense poucos cambios durante toda a fin de semana con máximas entre os 22 e os 24 grados e polas noites as mínimas quedarán entre os 14 e 15 grados. No mar non se prevé ningunha situación metereolóxica adversa. Os ventos serán como moito moderados, con forza 4-5.

Festas

Outras citas

  • Ruta nocturna en Corme. Mañá terá lugar a 3ª ruta nocturna polos petróglifos do promontorio de Corme, unha iniciativa da concellaría de Patrimonio de Ponteceso para poñer en valor o patrimonio. Os/as participantes reuniranse ás 21:30 horas no local social de San Adrián de Corme.
  • Visita teatraliza en Moraime. Os Quinquilláns guiarán mañá sábado e o domingo, ás 12:30 horas, a visita teatralizada que leva por título "O segredo de Moraime" que terá lugar no Mosteiro. A entrada é de balde.
  • Desfile do liño. O patio do Castelo de Vimianzo acolle este sábado ás 18:00 horas do Desfile do Liño organizado pola asociación Amigos do Liño e presentado por Pepe Capelán.
  • Concerto nas Torres do Allo. O concello de Zas despide as actividades do verán cun concerto nas Torres do Allo da man do dúo Caamaño-Ameixeras. A cita comez ás 19:00 horas e o acceso é de balde.
  • Iluminación nocturna na Fervenza do Ézaro. Mañá sábado, a fervenza do Ézaro volve a iluminarse entre as 23:00 e as 00:00 horas.

Exposicións

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre todos os días durante os meses de verán (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
  • Faro Vilán en Camariñas. O faro Vilán acolle durante todo o mes de setembro a exposición M’eu – Mar. Tempos longos” de Xan Vieito. O horario de apertura da sala de exposicións é de 11:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:00 horas.

Máis información

Fonte

Comentarios