Martes. 19.02.2019
El tiempo

O Concello de Cee compromete o seu apoio cos traballadores de Ferroatlántica

O Concello de Cee compromete o seu apoio cos traballadores de Ferroatlántica
Reunion da CIG de Ferroaltlantica con Ramon Vigo

Os membros da sección sindical CIG do Comité de Empresa de Ferroatlántica Cee- Dumbría- Centrais Hidroeléctricas mantiveron onte unha reunión co alcalde de Cee, Ramón Vigo, na que lle trasladaron a súa preocupación ante a situación actual. Dous fornos pechados, materias primas saíndo polo porto de Brens, e na Coruña os compañeiros de Alcoa cun pé na rúa, supoñen unha situación tensa e delicada para centos de familias.

Segundo a CIG a parada da actividade non está xustificada por motivos de mercado senón que persigue o obxectivo da empresa de pechar progresivamente a factoría ceense. Consideran que o paro forma parte dunha estratexia premeditada que pretende deixar a fábrica sen a viabilidade que sontén o acordo que a vincula coas centrais hidroeléctricas, despois da venda fallida das mesmas.

Este sería pois o paso previo para a presentación dun ERE, que segundo o sindicato, anunciarán nas próximas semanas.

Por todo esto, están iniciando unha rolda de contactos cos concellos e os partidos políticos encabezado por Ramón Vigo e o Concello de Cee xa que a fábrica situada en Brens é a máis afectada. O alcalde comprometeu o seu apoio e asegurou que vai iniciar conversacións cos diferentes alcaldes da zona para establecer unha reunión entre as administración locais e o Comité de Empresa e poder establecer así unha folla de ruta cos movementos a seguir. Vigo recoñeceu a gravidade da situación que “afecta a toda a Comarca” e a importancia de poñerse a traballar de forma conxunta xa que só así se podería facer fronte a un eventual ERE.

Máis novas do conflito #Ferroatlántica

Comentarios