Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O EFA Fonteboa aborda o futuro nos sistemas de producción agrogandeiros

O EFA Fonteboa aborda o futuro nos sistemas de producción agrogandeiros
"O futuro nos sistemas de producción agrogandeiros" é o título da xornada que terá lugar o vindeiro 18 de xaneiro no EFA Fonteboa. A xornada, aberta a todos os interesados na materia, comeza ás 10:30 horas cunha ponencia sobre a "xestión de parques de maquinaria con sistemas de axuda a decisión" a cargo de Santiago Sousa, de Cooperativas Lácteas Unidas CLUN. Un pouco máis tarde, ás 11:10 horas, Daniel Reboredo, Autofarm, falará da "Monitorización e control dixital intelixente das explotacións agropecuarias" Tras un descanso, a xornada retómase cunha charla sobre a APP Feiraco, unha ferramenta de xestión de granxas smartphone, impartida por Rafael García, de . Cooperativas Lácteas Unidas CLUN. A continuación, falarase sobre o Sistema Smartbow, "Control de reproducción, localización e rumia" da man de Bernabé Grille, de Emelga SL. A xornada finaliza cunha mesa redonda. Os interesados en participar poden anotarse no número de teléfono 981 733 051 ou no endezo electrónico [email protected]. Novas relacionadas Fonte    

Comentarios