Venres. 29.03.2024
El tiempo

O EFA Fonteboa organiza un xantar solidario

O EFA Fonteboa organiza un xantar solidario
Un ano máis, o EFA Fonteboa de Coristanco une forzas cos membros de Cáritas Interparroquial de Bergantiños e cos da Solidaridade Internacional de AIMFR - asociación internacional dos Movementos Familiares de Formación Rural - para organizar o seu tradicional xantar solidario que vai xa pola quinta edición e que se bautiza como "O cocido dos nosos lares". A cita é o vindeiro sábado, 25 de novembro, no centro de Promoción Rural - Efa Fonteboa. O xantar comeza ás 13 horas cunha charla a cargo de Manuel Fernández, do proxecto Sabor Emprendedor, que falará dos retos da producción local. A continuación, Gabriel Tirapu - directivo da AIMFR que falrá da "Ruralidade e solidaridade". Adrián Villar - do proxecto APISCITY - tamén intervirá para falar do "Emprendemento no medio rural" que lle dará paso a Francisco Suárez - director de Cáritas de Bergantiños -. E despois dos relatorios - que rematan ao redor das 14:15 horas - daráselle paso á degustación do "cocido dos nosos lares". A asisitencia a este xantar é libre e ten un custe de 20€ por persoa.

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios