Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O EFA-Fonteboa organiza unha xornadas sobre a pataca

O EFA-Fonteboa organiza unha xornadas sobre a pataca
O videiro martes e mércores, terán lugar unhas xornadas técnicas da pataca onde se abordará a sanidade e as técnicas de cultivo. A actividade celebrarase no EFA Fonteboa de Coristanco. As xornadas comezan o martes, día 19, ás 10 horas cunha charla sobre a "Prevención sanitaria e pragas de corentena" impartida por Víctor Novo Vázquez, xefe de servizo Sanidade e Produción Vexetal da consellería de Medio Rural. A continuación, Servando Álvarez Pousa - director do centro de desenvolvemento agrogandeiro da deputación de Ourense - falará das "Variedades e das técnicas de cultivo da pataca". Tras un descanso, os asistentes visitarán unha explotación agraria de Coristanco. Xa o mércores, as xornadas arrancan ás 10:3o horas cunha charla sobre o "Proceso de producción e comercialización IXP Pataca de Galicia" impartida por Juan Carlos García Pose - xerente de Patacas A Tulla - e José Antonio Chao Fernández - técnico da I.X.P. Pataca de Galicia -. Ás 13:30 horas expoñeranse as conclusións e, a continuación, pecharanse as xornadas. Os interesados en participar poden anotarse no número de teléfono 981733 051 ou en [email protected].

Novas relacionadas

Fonte

   

Comentarios