O EFA Fonteboa presenta as súas actividades formativas para o trimestre
07:07 19/01/17
O EFA Fonteboa de Coristanco vén de poñer en marcha un novo programa de actividades de formación continua que arrancou o pasado luns cun curso de tres día sobre as "estratexias de comercialización, packaging e etiquetado de productos agroalimentarios". Continúan a vindeira semana - os días 24, 25, 26 e 27de xaneiro - coas xornadas de fruticultura cunha parte práctica e con outra teórica. Esta actividade está dirixida aos alumnos de 2º curso de Producción Agropecuaria e tamén hai prazas para profesionais.
O 31 de xaneiro, ás 20 horas, haberá unha cata de mel e na mesma xuntanza concretaranse outras actividades de apicultura a desenvolverse proximamente.
As actividades formativas continúan en febreiro cun curso de benestar animal zootécnico - BAZ- que está previsto para a semana do 6 ao 10 de febreiro en horario de 9 a 14 horas. Os participantes acadarán os certificados oficiais den BAZ para poder exercer as actividades gandeiras e transportistas de animais vivos. Particparán os alumnos de 1º de CFGM de Producción Agropecuaria e tamén hai prazas dispoñibles para as persoas interesadas.
Do 20 ao 24 de febreiro realizarase un curso de elaboración de derivados lácteos que terá lugar na aula de productos lácteos e tecnoloxías alimentarias - APLTA - do campus de Lugo. Esta actividade está dirixida aos alumnos de 1º de CFGSde Gandaría e Asistente en Sanidade Animal e tamén hai prazas dispoñibles para outras persoas interesadas.
Os alumnos de 1º de CFGM de Producción Agropecuaria asistirán os días 22, 23 e 24 de febreiro a un curso de reproducción bovina no que tratarán temas como a técnica da inseminacióin artificial, a mellora xenética dos animais de producción de leite, etc.
Viaxes
Xa no mes de marzo, e en colaboración co Centre de Formation et Promotion de Meslay (La Guyonnière - La Vendée - Pays de Loire) os alumnos de 1º de CFGM e de 1º de CFGS realizarán unha viaxe técnica a La Vendée, en Francia. Realizarán visitas e encontros con directivos de experiencia innovadoras, iniciativas de diversificación e valorización dos recursos e a integración das actividades agrarias no marco das esixencia de sustentabilidade da PAC e do contextode globalización económica.
Dentro destas actividades formativas, tamén se inclúen as viaxes Erasmus +. Do 2 de marzo ao 4 de maio será o turno dos alumnos de 2º curso de CFGS que se desprazarán a Irlanda. E do 16 de abril ao 4 de maio tocaralles aos alumnos de 1º curso de CFGM que irán a Bourgogne, Francia.
Por outra banda, durante os meses de marzo e abril recibirán a dez alumnos da MFR Villevallier - Bourgogne - e trinta da MFR Saint Berthevin - La Mayenne - Pays de La Loire -. Cada un dos grupos realizará unha estadía de tres semana.
Novas relacionadas
- O Efa-Fonteboa analiza as instalacións gandeiras
- O Efa-Fonteboa organiza unha xornada sobre as pradeiras
- EFA Fonteboa presenta o seu programa de actividades de formación continua
- Dous mozos de Costa de Marfil fórmanse no EFA Fonteboa para crear unha escola agrícola no seu país
- A Costa da Morte vive o sorriso e o ritmo de África.
- O Centro de Formación Rural Fonteboa, novo Bergantiñán do Ano.
- Os alumnos do EFA Fonteboa sacan o mellor do leite.
- Aprendendo a xestionar os recursos humanos no agro.
- A Xuventude do EFA Fonteboa, o Aval do rural.
- A agricultura ecolóxica instálase na Costa da Morte.
- O único centro de formación rural tamén ensina fóra da aula.
- Mazaricos prepárase para a Xornada láctea e a Poxa de Xovencas.
- Da importancia da Formación Rural na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])
- EFA-Fonteboa