Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O EFA Fonteboa tamén sae por cogumelos

O EFA Fonteboa tamén sae por cogumelos
Xornadas Micoloxicas Cogumelos EFA Fonteboa 2018

Marcha de cogumelos tamén o Centro de Formación EFA Fonteboa coas XI Xornadas de Micoloxía. Este ano van enfocadas ao valor culinario dos cogumelos, unha das actividades arredor da micoloxía que máis tirón teñen.

Así, o xoves 15 comezan ás 13:00h cunha saída por cogumelos co alumnado de Producións Agropecuarias. Realizarase unha comida en Verdes, e á volta farase a clasificación dos cogumelos na EFA. A partir das 17:15 toca unha sesión de conservación dos cogumelos, enfocada á deshidratación e a conxelación, con Juan Carlos Louroba Sánchez, técnico da Oficina Agraria de Baio, falando tamén José Gil Facorro, mestre do EFA, do valor culinario cunha sesión de receiras.

Xa o sábado 17, a partir das 9:30 toca un roteiro de recolección. Á volta, sobre as 12:30h haberá unha clasificación e explicación e un xantar despois cos chefs Ángel Seone e Rocío Barca.

Xa se poden inscribir no 981 733 051.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-concursos-dinamizan-as-xornadas-micoloxicas-de-zas/ https://quepasanacosta.gal/pois-si-que-tinan-ganas-de-sair-tanto-a-xente-como-os-cogumelos/

Comentarios