Martes. 19.11.2019
El tiempo

O escaso valor da EPA para medir o paro na Costa da Morte

O escaso valor da EPA para medir o paro na Costa da Morte
Como cada fin de mes en Xaneiro, o resumo actualizado da EPA (Enquisa de Poboación Activa) ven de ofrecer datos ao respecto do nivel de ocupación no territorio e en concreto en Galicia. datos-paro-costa-da-morte datos-paro-costa-da-morte Esta ferramenta, que dende o ano 2008 realiza tamén na comunidade autónoma o IGE, é o mecanismo de control do desemprego preferido pola Unión Europea e que, segundo os expertos mellor reflicte os datos de ocupación a nivel nacional, por diante do habitual conteo a partir do número de inscritos nas listas do INEM, que se considera errado pola maneira de inscribir a estes por parte do goberno do estado. Pero sobre todo isto existe un matiz importante que fai que esta ferramenta non sirva para nada como calculadora do nivel de ocupación, por exemplo, na Costa da Morte. A Enquisa de poboación activa (EPA), segundo a define o IGE, é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida ás vivendas familiares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza desde 1964. En xullo de 2008 firmouse un convenio de colaboración entre o INE e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a duplicación da mostra no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. O obxectivo da ampliación da mostra é permitir a análise da poboación galega, en relación coa actividade económica, cunha maior desagregación do que se viña facendo ata o momento. Sen embargo, a realidade é que o IGE ofrece datos unicamente a nivel provincial e para as 7 grandes cidades galegas, deixando “a cegas” ao resto do territorio e sen ofrecer ningunha outra medida de ampliación de datos. Así, a desagregación queda “coxa” e, por exemplo, resulta imposible extrapolar datos de ocupación a nivel local e que permitiran calcular, por exemplo, a incidencia real no emprego do turismo ou da actividade industrial ou comercial. O non poder desagregar ese nivel de ocupación por CNAE (Clasificación Nacional de Actividades Económicas) A finalidade principal da EPA, dinnos dende o IGE, é coñecer a actividade económica no relativo ao seu compoñente humano. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co mercado de traballo (ocupados, parados, activos e inactivos) e a obter clasificacións destas categorías segundo diversas características. Tamén posibilita confeccionar series temporais homoxéneas de resultados. Así, a EPA resulta inútil a nivel local pola súa propia metodoloxía. A EPA é unha investigación por muestreo de periodicidade trimestral, dirixida a poboación que reside en vivendas familiares do territorio nacional. Esto é, que sona o teléfono ou o timbre e alguén nos pregunta en base a un cuestionario pola nosa situación laboral. O nivel de muestreo (e dicir, a cantas persoas se pregunta para facer a enquisa) é o que desvirtúa o seu resultado a nivel mais baixo que o das sete grandes cidades galegas; que se pregunte ou non a alguén nunha zona concreta. Un exemplo: poñamos que unha empresa quere saber canto se coñecen os seus produtos en Cee. Para isto, contrata a unha empresa encuestadora que a súa vez fai un muestreo, preguntando a 400 veciños en cee (de diferentes idades, localizacións e estratos sociais) sobre si coñecen ou non o produto en cuestión. Esta enquisa é 100% fiable a nivel estatístico dende o punto de vista de que preguntamos a 5% da poboación de referencia sobre este asunto. O problema ben cando temos que demostrar a credibilidade dunha enquisa que fai, en toda España, 180.000 entrevistas para a confección destes datos. É dicir, o INE pregunta a un 0,03% da poboación do estado sobre o total da situación do estado. Isto nos deixa coa posibilidade, para nada irreal, de que, para elaborar esta EPA, nin o INE nin o IGE preguntaran a ninguén en toda a Costa da Morte. Dito isto, a estatística é unha parte das matemáticas e en matemáticas todo é posible. Sen embargo, resulta moi difícil defender que os datos dunha hipotética EPA en Cee, Corcubión, Fisterra ou Camariñas fosen fiables sen preguntar a ningún veciño nestes concellos. Ogalla se poda ofrecer nun futuro próximo un dato desagregado que realmente amose a nivel local o impacto da ocupación nuns ou noutros sectores, grupos de idade ou sexos, na liña dos que si ofrecía o Pacto polo Emprego no escaso período no que funcionou na nosa bisbarra.

Comentarios