Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Forum Carballo énchese con 5 cursos para desempregados e unhas xornadas sobre rrss

O Forum Carballo énchese con 5 cursos para desempregados e unhas xornadas sobre rrss
Comercio de Carbarllo

Segue sendo o Forum Carballo, O edificio dos 100 actos, un fervedoiro de actividade. Esta tarde de venres acolle o prestixioso congreso TedxGalicia, e a Concellería de Formación e Emprego xa pensa en novas propostas formativas, cinco cursos incluídos no Plan de Formación da Bolsa de Traballo para o primeiro semestre do 2015. Ademais, paralelamente, o xoves 29 toca unha interesante sesión informativa sobre redes sociais e publicidade aberta ao público en xeral.

Onte rematou o proceso de selección dos participantes neste primeiro curso, nos que serán formadas 25 persoas para poder traballar como auxiliares de comercio. O curso inclúe 80 horas lectivas, que comezarán mañá venres e concluirán o 20 de febreiro, e outras 80 de prácticas en empresas do sector para aqueles alumn@s que superen a primeira parte da formación. As clases desenvolveranse de luns a venres de 9.30 a 13.30 horas.
Para realizar a selección dos e das participantes (os criterios están establecidos nas bases publicadas no BOP), dende a Bolsa de Traballo foron enviados un total de 257 sms convocando aos usuarios e usuarias que se inscribiron na BDT como demandantes de emprego no sector do comercio, xa que o fin último do departamento que dirixe Marcos Trigo é a inserción laboral. Á preselección acudiron 36 das persoas convocadas, entre as cales foron seleccionadas as 25 alumn@s do curso.

Seguintes cursos

O Plan de Formación da BDT inclúe tamén cursos de mozo de almacén, competencias clave, hostalería e prevención de riscos. Todos eles desenvolveranse no primeiro semestre deste ano.

InForum

o InForum trae as redes sociais a Carballo

O xoves 29 de xaneiro terá lugar i #InForum, unha Xornada informativa sobre redes sociais e publicidade aberta ao público en xeral. Poderás coñecer algunhas das estratexias publicitarias de máis éxito do Estado, entre elas o fenómeno da Policía Nacional en Twitter. Estará no Fórum Carballo a Carlos Fernández Guerra, o community manager máis famoso do momento, o da @Policia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Carballo.

Comentarios