Luns. 22.07.2019
El tiempo

O GALP Costa Sostible analizou as posibilidades das Marcas Colectivas

Xornadas informativas do GALP Costa Sostible
Xornadas informativas do GALP Costa Sostible
O GALP Costa Sostible analizou as posibilidades das Marcas Colectivas

Doble xornada informativa realizaba o GALP Costa Sostible a pasada semana. Aproveitando a apertura do prazo de inscrición para a campaña de axudas 2019, o Grupo de Acción Local de Pesca do sur da bisbarra (dende Fisterra ata Porto do Son) artellaba o pasado xoves unha xornada en Noia adicada ao turismo e a pesca.

A cita servíu para animar a 45 potenciais emprendedores, presentes no acto, a lanzarse cunha iniciativa empresarial que poida ademais contar co apoio de entidades como o propio GALP. Foron 4 casos de éxito importables á nosa zona os que demostraron que se pode emprender no mar.

Miquel Martí, director de Espai del Peix (Girona), Hermelinda Pedroso directora de ALBAOLA – Factoría Marítima Vasca, Miguel Ángel Luis Ravelo, director de marketing e persoal do MERCADO LA RECOVA, de Nuestra Señora de Africa – Santa Cruz de Tenerife, Marta Reinares Gómez, directora da Residencia Campos Romanos contaron as súas experiencias exitosas.

Xornada de marcas

Xa o sábado 16, 6 interesantes relatorios trataron a importancia e as posibilidades das Marcas Colectivas Ligadas ao Territorio. Os ponentes de "Berberecho de Noia", a Marca "Pulpo de Lonja" e a marca "Azul de Portosín, analizaron diversos aspectos (problemática de desenvolvemento, aspectos de comercialización, erros habituais, importancia da comunicación…).

Máis información

Comentarios