Venres. 29.03.2024
El tiempo

O GDR une ao sector turístico da Costa da Morte para reflexionar sobre o noso Xeodestino

O GDR une ao sector turístico da Costa da Morte para reflexionar sobre o noso Xeodestino
Xornadas Turisticas do GDR Costa da Morte A mañá do vindeiro mércores 5 de setembro será unha mañá importante para o sector turístico da Costa da Morte. O GDR organiza unhas Xornadas sobre o Presente e Futuro do Xeodestino Costa da Morte. Para iso convoca a todos os membros deste sector ao Local Municipal en O Ézaro - Bitácora, onde haberá unha interesantes sesións de charlas e debates entre as 9:30 e as 14:15 horas, O alcalde dumbriés José Manuel Pequeño Castro, e o alcalde de Zas e presidente da Asociación Costa da Morte - GDR, Manuel Muíño Espasandín, serán os encargados de inaugurar o acto, antes do primeiro relatorio. Será o Presidente da CMAT e alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro., o encargado de explicar o papel e os proxectos que leva a cabo o ente público-privado interlocutor do sector das administracións. Laura González-Dopeso, Xefa de Área de Calidade e Proxectos Europeos de Turismo de Galicia, Xosé Regueira Varela, Deputado de Turismo da Deputación de A Coruña; e José Antonio Vila García. Xerente da Asociación Costa da Morte-GDR, serán os encargados de realizar un panel expositivo sobre as axudas que ten o sector para o desenvolvemento de proxectos turísticos, unha das citas máis esperadas polos profesionais. Ás 11:30h haberá unha degustación de produtos da zona, antes de pasar ca mesa redonda,, moderada por Dolores Pena Pena, Presidenta de Afiprodel e ADL do Concello de Carnota. Un debate que contará con axentes implicados na atención turística. O fisterrán Julio Castro Marcote, Director do Parador de Turismo de Santiago, falará do novo parador de turismo de Muxía. O alcalde de Fisterra, José Marcote Suárez, analizará o papel dos concellos. Rosa María Sánchez Martínez, de Afiprodel, dará a sempre interesante visión dos/as profesionais de desenvolvemento local. Maite Parga Ures, Técnica da Oficina de Información Turística do Concello de Carballo, ofrecerá a óptoca dos que están de cara ao público nesas oficinas e museos. Iria Caamaño Franco, Representante da Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia, falará da profesión e do intrusismo das guías de turismo. E non faltará a visión empresarial da man do presidente da Asociación Solpor e responsable de proxectos como o Semáforo de Fisterra, Jesús Picallo. Ao final, haberá un debate entre todos.

Fonte

Comentarios