Sábado. 20.07.2019
El tiempo

O impacto ambiental dos bastóns de algodón

O impacto ambiental dos bastóns de algodón
Cada día chegan ata as praias miles de residuos procedentes da hixiene persoal. Imaxe: Xosé Manuel Barros Cada día chegan ata as praias miles de residuos procedentes da hixiene persoal. Imaxe: Xosé Manuel Barros O mar recibe cada ano unhas dez toneladas de lixo; sendo os plásticos os residuos que máis se acumulan nos oceános. Unha boa parte destes residuos proceden dos productos para a hixiene e o coidado persoal que o ser humano tira indebidamente polo WC. Un claro exemplo son os bastonciños de algodón que chegan todos os días ás praias. Esta imaxe, que podería ser de calquera praia da Costa da Morte, foi feita recentemente na praia de Sabón - en Arteixo - que, xunto coas de Bastiaguieiro, Mera, Riazor e Orzán, é unha das máis afectadas pola contaminación de residuos procedentes da hixiene persoal.   A asociación Mar de Fábula, nos seus traballos periódicos de limpeza da ribeira, comezou o pasado verán a facer un seguimento dos bastociños de algodón; ese refugallo plástico que está considerado coma un dos dez primeiros contaminantes do medio mariño. Esta pequena peza de plástico é un exemplo claro do comportamento irresponsable dunha parte da poboación, daquela que, dunha maneira mecánica, por costume, desfaise dos produtos da hixiene íntima polo inodoro en lugar de depositalos co lixo inorgánico nos contentores pequenos que dispoñibles en calquera fogar. Estamos a falar tamén de todos eses compañeiros de viaxe dos bastonciños coma son as compresas, cueiros, toalliñas, tampóns, salvaslips, guedellas de pelo... que rematan atascando os sanitarios, causando avarías nas depuradoras ou verténdose directamente ao mar. Os voluntarios de Mar de Fábula recollen nas súas saídas centos de bastonciños nas praias e hai milleiros, millóns deles no mar, degradándose até chegar a convertírense en microplásticos, mesturándose co plancton e integrándose na cadea alimenticia da fauna mariña. Se cadra, algún día, un neto noso acabe coméndose, confundido no organismo dunha sardiña, un anaco do bastonciño hixiénico que botemos hoxe mesmo polo WC.       Fonte  

Comentarios