Venres. 29.03.2024
El tiempo

O lixo mariño, a debate

O lixo mariño, a debate
encontro galego arredor do lixo marino e das crebas ceida mar de fabula Expertos na retirada lo liño mariño das praias, responsables da area do medio ambiente das distintas administracións locais e público en xeral daranse cita o vindeiro xoves, 21 de xullo, ás 18 horas na sede do CEIDA - Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia - situada no Castelo de Santa Cruz, en Oleiros. O "encontro galego arredor do lixo mariño e das crebas" enmarcase dentro da mostra artística "Cos pés na area" que acolle dito edificio ata finais de mes. Isa García, artista crebeira de RetoqueRetro; Sven Schwebsch, crebeiro alemán da Costa da Morte; Óscar García, fundador do colectivo Coge 3; Francisco Fernández Nava, escritor e poeta, estudoso das crebas; Xosé Manuel Barros, cofundador do colectivo Mar de Fábula e Carlos Vales, director do CEIDA encargaranse de conducir o encontro que está aberto a público en xeral. O principal obxectivo do evento é abrir un espazo de debate e de intercambio de experiencias para combater a contaminación que sofre o mar e buscar solucións alternativasao uso dos plásticos na vida cotiá. Os interesados e interesadas en participar poden obter máis información na páxina web do CEIDA.   Novas relacionadas Fonte   

Comentarios