Venres. 19.04.2024
El tiempo

O PSdG Provincial dá marcha atrás á moción de censura de Coristanco

O PSdG Provincial dá marcha atrás á moción de censura de Coristanco
Abraham Gerpe nunha reunion co PSOE nas ultimas municipais Abraham Gerpe nunha reunión co PSOE nas últimas municipais Parece que non se vai poder levar adiante a moción de censura que presentaban PSOE e PP esta semana en Coristanco, a través da cal os 6 edís do PP farían alcalde ao único concelleiro do PSOE, Abraham Gerpe. Saía o pasado mércores o Secretario Xeral do PSdG Xaquín Leiceaga calificando de “mercadeo” a moción, provocando así unha conmoción no seo do partido. Moitos compañeiros do partido bergantiñán deixaban publicamente a súa falta de apoio, e a Agrupación Provincial anunciaba esta mañá de venres que acordou a retirada da moción de censura de Coristanco. A Agrupación Provincial recoñece que a militancia local aprobara a moción"debido á situación de parálise na que se atopa o concello, que non pode acceder a ningunha subvención provincial ou autonómica por non render a municipais" e que supuxo, segundo os cálculos dos socialistas, "a perda de axudas por importe de arredor de 1 millón de euros para o Concello de Coristanco". Os socialistas entenden que esta situación está a perxudicar gravemente aos veciños de Coristanco e a actitude do alcalde, negándose a dialogar co concelleiro do PSdeG só agrava o problema. Pero en todo caso avoga por retirar a moción de censura, e "reconducir a situación e buscar saídas para mellorar a xestión municipal na localidade".

”Isto non parece un partido, parece un circo”

O propio protagonista Abraham Gerpe respecta totalmente calquera decisión que poida tomar o partido pero non comparte tanto revolo. “Eu a verdade non sei nada, pero non entendo que non se lle faga caso á militancia. Foi a militancia local á que negociou (e que conste que eu non pertenzo ao partido, que non teño nin voz nin voto), o propio secretario local Aurelio Sánchez que hoxe sae dicindo que non apoia a moción, a que conseguíu un acordo fantástico para nós. A Provincial veu falar coa militancia local, puntualizou varias cousas pero dixo si. E agora dá a volta. Non me parece coherente que a militancia diga unha cousa, a comarcal outra, a provincial unha distinta, isto non parece un partido, parece un circo. Que pasa co que di Pedro Sánchez da militancia? Resolver dende Madrid o que pasa en Coristanco non me parece moi correcto”, entende sinalando que “Leiceaga deu a súa opinión sen interesarse polo que pasa en Coristanco. É unha falta de comunicación e disciplina no partido, ao meu entender”. Gerpe cre que no partido non gusta ver que “o PP se está preocupando polo pueblo de Coristanco. Débeo estar moi mal Amancio para que o PP nos deixe facer un compromiso así”.

Moción en marcha?

En todo caso, Gerpe entende que “eu non son xurista, non sei se irá para adiante ou para atrás, non sei se hai xeito de parala. Iso terá decidir o partido, que foi o que a fixo. Eu son o portavoz e terei que firmar si ou non, segundo me digan”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios