Venres. 29.03.2024
El tiempo

"O PSOE fai unha boa declaración de intencións a 6 meses vista pero en 15 días algún pode estar xa na rúa"

"O PSOE fai unha boa declaración de intencións a 6 meses vista pero en 15 días algún pode estar xa na rúa"
Reunion do Comite de Emptresa da CIG con Ferroatlantica Foto-Rafa Quintans2 Reunion do Comite de Emptresa da CIG con Ferroatlántica Foto-Rafa Quintáns

Esto pasado venres o Comité de Empresa de Ferroatlántica recibía a visita dunha comitiva do PSdG. O portavoz de Industria do PSOE no Senado e candidato socialista á alcaldía de Ferrol, Ángel Mato, xunto a Margarita Lamela, portavoz socialista no Concello de Cee, e Manuel Insua, coordinador comarcal do PSdeG e alcalde de Corcubión, e a parlamentaria laxeira Loli Toja, quixeron interesarse de primeira man polo problema e comprometéronse a trasladarlle as súas demandas e inquedanzas ao Goberno de Pedro Sánchez.

O ERE temporal segue facendo sombra sobre os traballadores de Cee e Dumbría, que teñen os ollos no que pasa en Alcoa, e por iso van estar este domingo na manifestación convocada por UGT, CCOO e CIG baixo o lema “Por unha solución electrointensiva”. Do peirao de Brens sairá un autobús ás 10:00h dende o peirao de Brens, e seguro que moita xente aproveita para ir pola súa conta e aproveitar o domingo da apertura dos comercios herculinos.

En todo caso, durange a reunión Mato asegurou que mediará no Ministerio de Industria sobre a posible tarifa eléctrica galega, e informou do Real Decreto e da creación do Estatuto de Consumidor Electrointensivono no que está traballando o goberno central dende o pasado mes de decembro. “É unha declaración de intencións, pero estamos falando a 6 meses vista, e isto require máis rapidez, porque de aquí a 15 días os compañeiros de Alcoa igual xa están na rúa”, sinala un escéptico pero respectuoso Alfonso Mouzo, representante da CIG no Comité de Empresa de Ferroglobe Cee-Dumbría-HHCC.

Foto-Rafa QuintánsOs membros do Comité na reunión na Casa da Cultura de Cee- Foto-Rafa Quintáns

Tras a reunión co comité de Empresa, Mato, Lamela e Insua mantiveron unha reunión cos alcaldes socialistas da comarca, na que estudiaron a posta en marcha de iniciativas nos concellos, Parlamento de Galicia e Congreso dos Deputados para pelexar pola viabilidade da fábrica, fundamental para moitas familias da comarca.

Novas relacionadas

O BNG leva a pleno o peche dos fornos de Ferroatlántica “O BNG leva a pleno o peche dos fornos de Ferroatlántica” — Que pasa na costa  

Máis novas do conflito #Ferroatlántica

Comentarios