Venres. 29.03.2024
El tiempo

O San Xoán invade a #AxendaCostadaMorte

O San Xoán invade a #AxendaCostadaMorte
Xa está aquí unha das noites máis máxicas do ano: a de San Xoán. E con ela chega unha #Axenda da Costa da Morte cargada de festas e encontros ao redor dunha boa cachela. Antes vemos como chega o tempo da primeira fin de semana do verán cun repaso polo parte costeiro de Meteogalicia.

Parte meteoróxico

Hoxe agardase un día con ceos despexados na práctica totalidade da Costa da Morte. As temperaturas non rexitrarán cambios singnificativos con respectos cos de onte. No mar soprarán os ventos fortes do litoral, principalmente hoxe, provocando maruxía. A visibilidade será boa. Sábado será un día de calor con predominancia de ceos despexados e con algunha nube de evolución xa pola tarde. No mar, seguirá soprando o vento ainda que con menor intensidade que hoxe. Xa o domingo agárdase un día de bochorno con ceos algo máis cubertos que o sábado e incluso se pode rexistrar algún amago treboento. En canto o mar, os ventos serán frouxos e con boa visibilidade.

Festas

  • San Xoán de Carballo. Chegan os días fortes do San Xoán de Carballo. Ao longo destes días non cesará a música na praza do Concello que se encherá o domingo co concerto de Café Quijano a partir das 23:00 horas.
  • Festa da Carballeira de Baio. Este domingo, os veciños e veciñas de Baio celebran a súa tradicional Festa da Carballeira organizada polo concello de Zas.
  • San Xoán de Serres. Por Muros celebran forte o San Xoán. E a parroquia de Serres ten 5 días de troula, dende hoxe ata o martes 26, incluídas a Virxe do Carme (o 25) e o San Antonio (26).
  • Festas en Gures. En Gures (Cee) celebran dende hoxe e ata o domingo as festas na honra de san Xoán.
  • Lumarea de Camariñas. A praia Area da Vila acolle hoxe, a partir das 23:30 horas, o concerto do X aniversario Lumarea coas actuacións de Herdeiros da Crus, The Animals e Bastardos de Ribeira.
  • Festas de Sardiñeiro. En Sardiñeiro (Fisterra) celebran esta fin de semana as súas festas patronais con sardiñada incluída.
  • San Xoán en Santa Comba. A comisión de festas de Santa Comba organiza mañá unha sardiñada e churrascada amenizada pola disco móbil Fábrik.
  • Na parroquia de O Esto, en Cabana de Bergantiños, celebran esta fin de semana as festas do san Xoán cunha sardiñada e con moita música.
  • Festorro de Cequeda. En Cerquerra farán mañá sábado ao redor do milladoiro un auténtico "festorro".
  • Festas do Sacramento de Traba. O domingo, a parroquia laxense de Traba celebra as festas do Sacramento.

Outras citas

  • Concerto de Jazz en Laxe. Hoxe remata o ciclo "Os sons do Museo" que trouxo ao Museo do Mar de Laxe un interanse ciclo de cine. A partir das 21:30 horas Acuña's Quartet poñenlle fin a este ciclo.
  • Festival da Escola de Música de Santa Comba. A Escola de Música e Baile Tradicional de Santa Comba celebra este domingo, a partir das 20:30 horas na Vivenda Comunitaria, o festival de fin de curso.
  • Teatro Infantil en Fisterra. A praza de Fisterra acolle hoxe, a partir das 20:30 horas, unha sesión de teatro infantil da man de Gallaecia Gallaeciños.
  • Masterclass de Danza Tradicional en Carballo. O Casino acolle entre as 20:30 e as 22:00 horas unha masterclass de danza tradicional do oeste de África.
  • Mamá Cabra en Ponteceso.  O grupo musical infantil Mamá Cabra trae hoxe o seu espectáculo Contos para o Mundo -  dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos de idade e as súas familias - á biblioteca municipal de Ponteceso. A cita é ás 18:00 horas.
  • Iluminación nocturan da Fervenza do Ézaro. Mañá, entre as 23:00 e as 00:00 horas, volve a iluminación á Fervenza do Ézaro.
  • Aquelarre na Eira das Meigas. A “Plataforma pola defensa de Monte Neme” organiza un aquelarre de meigas no Monte Neme para conmemorar o solsticio de verán. A cita é mañá sábado, ás 12:00 horas, no cumio do Monte Neme.

Exposicións

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre todos os días durante os meses de verán (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
  • Stoupa (Cee) acolle este mes a exposición “Costa da Morte”, do pintor ceense Xoanxo Cespón que pode visitarse de luns a sábado de 12 a 14 horas e de 17 a 21 horas.
  • sala de exposicións do faro Vilán acolle ata o 31 de xuño a mostra de pintura “Arribando á Costa”, composta por unha serie de traballos adicados o mar e a natureza
  • Casa da Cultura de Cee acolle dende hoxe e ata o 22 de xuño unha exposición de pintura. A presentación é hoxe, ás 19:30 horas.
  • sala de exposicións da Casa da Xuventude de Carballo acolle ata o 31 de xullo “O Bululú”; unha exposición de Miolos.

Máis información

Fonte

Comentarios