Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os Axentes Forestais de Aprafoga tamén lle piden á Xunta os cartos que lles debe polos traballos na vaga de lumes de outubro

Os Axentes Forestais de Aprafoga tamén lle piden á Xunta os cartos que lles debe polos traballos na vaga de lumes de outubro
Aprafoga incendios logo

Xa limos ás esixencias de ATRIFOGA, e desta volta tócalle á outra Asociación Profesional de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia (APRAFOGA), que xunto cas organizacións sindicais con representación neste colectivo (CIG, CCOO, CSI-F e UXT) quere denunciar “a actitude da Xunta, que non pagou aínda os traballos da vaga de incendios do pasado outubro e non retoma as negociacións laborais que prometera rematar o pasado decembro”.

A entidade lembra que os profesionais estiveron en primeira liña na vaga de lumes que sufriu Galicia no mes de outubro de 2017, peo que “a día de hoxe seguen sen percibir un céntimo polo seu traballo, case cinco meses despois”.

Lamentan os investimenos en “anuncios propagandísticos, como quedou patente recentemente nunha entrevista televisiva en laSexta co Presidente da Xunta, e para pagar empresas externas para que fagan o traballo que nos corresponde ao persoal funcionario”.

Novo convenio

Os axentes forestais e medioambientais consideran que “despois de levar máis de dez anos cun acordo de condicións de traballo caducado e totalmente obsoleto é hora de que a Xunta pague o que debe e se sente a negociar cara o futuro”.

A APRAFOGA xa pediu a renovación dunha orde de horarios que reducira o exceso horario que estes traballadores están sendo obrigados a sufrir. Pero a Xunta paralizou as negociacións dende o pasado mes de decembro, ante as queixas dos colectivos profesionais.

Lembran que a día de hoxe “hai que ter en conta que o efecto do cambio climático está a producir unha desestacionalización dos lumes, producíndose en calquera época do ano e sendo moito máis virulentos e perigosos, tal como se puido comprobar o pasado outubro, cando tras ter rematado o período extraordinario tiveron que activar unha época de alto risco de xeito improvisado”.

 

Artigos sobre os incendios

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios