Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os Bombeiros rescatan a unha persoa maior que quedara atrapada na súa casa

Os Bombeiros rescatan a unha persoa maior que quedara atrapada na súa casa
Bombeiros entrando nunca casa de Coristanco Bombeiros entrando na casa de Coristanco para rescatar á muller

Bombeiros de Carballo e Garda Civil tiveron que acodir a rescatar unha muller esta tarde de mércores 13 de setembro do seu domicilio, en Coristancono nº95 da Avda. Fisterra. Acodían pasadas as 15:00h despois de que o persoal de axuda no fogar foi ao domicilio alertara de que a muller de 72 anos e que vive soa, non contestaba á porta.

O persoa estaba preocupada porque a última visita realizara era do venres pasado. Unha vez no punto os Bombeiros suben ata o 1º andar cunha escada de 2 tramos por unha terraza da parte posterior. Xa no interior, poden confirmar que a persoa, unha muller de 72 anos, estaba deitada na cama, consciente. Relata que sufriu unha caída nas escaleiras interiores e que ten dor e todo o corpo. Foi trasladada por unha ambulancia do 061 a un centro sanitario para a súa valoración.

Novas relacionadas

Fonte

  • Bombeiros de Carballo.

Comentarios