Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os ecoloxistas defenden que a presenza de cormoráns é un indicador da existencia de pesca

Os ecoloxistas defenden que a presenza de cormoráns é un indicador da existencia de pesca
pesca-rio-xallas Os pescadores achacan a escaseza de troitas a unha superpoboación de cormoráns Coa tempada de pesca fluvial en marcha, unha das queixas máis comúns dos pescadores é a escaseza de troitas que lle achacan en gran medida á presenza dos cormoráns. Precismante os pescadores da Costa da Morte denunciaron a proliferación das colonias de cormoráns especialmente no río Grande, no Anllóns, no Castro e no Xallas. A este respecto, o grupo ecoloxista PX de Camariñas defende a presenza do cormorán e de "todas as especies que dende fai séculos nos acompañan" e estiman que "a falta de troitas, reos, anguías non vén polos cormoráns nin as lontras senon por outras casas de todos coñecidas". Entre estas cuasas cita, por exemplo, os saltos de agua e infraestructuras que evitan os remontes dos peixes, a contaminación e a falta de depuración de forma axeitada na maior parte dos caudais ata fai polco, o maltrato dos ríos e mananciais, a pesca masiva e indiscriminada, as repoboacións con especies de fóra directas ou indirectas (pola fuxida de exemplares das piscifactorías). Ante este panorama, os ecoloxístas defenden que hai moitas razóns de peso para analizar a perda da riqueza piscícola dende fai anos e asimesmo critican que se usen "datos pouco fiables" sobre os supostos incrementos da poboación do cormorán grande; unha especie que habita dende sempre nos ríos e nos encoros da zona sen chegar nunca a superpoboacións. PX de Camariñas indica que as colonias orixinarias de moitas especies de aves mariñas invernante na comunidade levan anos sufrindo caídas importantes nas súas nidificacións. Precisamente, para o grupo ecoloxista a presenza de cormoráns nalgúns cauces ou embalses débese precisamente a que son un indicador da existencia de pesca e que a única densidade antinatural do Phalacrocorax carbo sinensis apreciase "en encoros e piscifactorías que son obras feitas polo home contra natura". Deste xeito, PX recorda que nos anos noventa leváronse a cabo accións de denuncia da caza de anátidas nas rías incluso cunha marcha reivindicativa na Ponte do Porto e que a presión conxunta das entidades que daquela formaban a Federación Ecoloxista Galega - FEG - logrou a paralización destas prácticas. "Na ría de Camariñas, por exemplo, volveronse a ver en espazos urbáns garzas, garcetas, cormoráns, patos, ánades e ata cisnes", sinalan dende o grupo ecoloxista PX de Camariñas.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios