Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os escolares de Carballo coñecen o ciclo da auga

Os escolares de Carballo coñecen o ciclo da auga
ruins-coa-auga-carballo A visita de onte comezou na captación do río Bardoso e rematou na EDAR de Razo Un grupo de escolares de Carballo saíron onte das súas aulas para coñecer as instalacións municipais do ciclo da auga. Foron uns 60 os alumnos e alumnas selecciondos no concurso "Ruíns coa auga", convocado polo concello de Carballo e Gestagua para sensibilizar á poboación escolar sobre o perigo que supoñen axentes contaminantes que utilizamos na nosa vida cotiá para a auga e para o medio ambiente. A xornada comezou cunha xuntanza de todos os coles nas oficinas de Gestagua, da que os nenos e nenas saíron equipados con gorras e camisetas. Dous autobuses trasladáronos ata a captación do río Bardoso, en Sofán, onde comezou un percorrido que os levou tamén polo depósito de Seixo Branco, moi pretiño; a EDAR da Cepeira, onde coñeceron de primeira man o tratamento que reciben as augas residuais, e a EDAR de Razo. Durante parte do percorrido estiveron acompañados polo concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, que destacou a importancia de que a cidadanía, empezando pola infancia, coñeza as instalacións municipais que garanten o servizo de abastecemento e saneamento de auga á maior parte da poboación. Novas relacionadas Fonte

Comentarios